A obra Oh!limpiadas da Compañía Sincronacidas foi galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón. A compañía galega recibiu o premio ex aequo coa compañía Faltan 7 e o seu espectáculo Express” y CÍA.
En Oh!limpiadas , dúas mulleres aburridas da súa rutina diaria entran nun mundo de ensoñación onde a súa xornada laboral é retransmitida coma se se tratase dunha competición olímpica. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e as acrobacias, todo bañado cunha gran dose de humor que lle dá soporte a ese mundo de disparate.
Oh!limpiadas foi escollida nun programa de coproducións co Festival CIRCADA de Sevilla. O Festival declaraba que “se trata dunha proposta fresca e divertida na que as súas dúas protagonistas intercalan a danza, a acrobacia eo malabarismo co absurdo e o disparate” e engadía, ademais, que “conta coa colaboración especial de Julia Luna, veterana comentarista e xornalista depotiva de TVE especializada en natación sincronizada e que serán a voz en off do espectáculo”.
FETEN supón un encontro de referencia anual para o gran público que congrega, así como para profesionais de todo o estado, que se acreditan para non perder nada durante seis xornadas. Está considerada como a máis prestixiosa feira de teatro infantil.