in

Máis de 80 espectáculos no VII Festival Atlántica de narración oral

Atlantica01
A sétima edición do festival celébrase entre o 11 e o 23 de marzo e desenvolverase en 16 concellos das catro provincias galegas.

 

O vén de anunciar a programación da súa sétima edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 23 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, 21 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participaron Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación provincial da Coruña, Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Jesús Basterrechea, concelleiro da Área de e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas de Ferrol, Mª del Pilar Pérez Faxil, concelleira de Cultura e Educación de Teo, Lara Rodríguez, concelleira de Cultura de Lalín, e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

Soledad Felloza comezou a súa intervención salientando as cifras do Festival, “trece días, 16 días, 30 artistas e 91 funcións”, que fan de Atlántica o “encontro de máis grande da Península Ibérica” e de Galicia, “un referente do mundo da lusofonía”. Un feito que para Felloza non é casual porque os contos forman parte da idiosincrasia galega e así se xustifica que “a narración oral é a única arte escénica presente todos os días na programación cultural deste país”.

PUBLICIDADE

A sétima edición de Atlántica vén consolidar o formato multisede que inaugurara no ano 2015 e que nesta ocasión levará os contos do festival a 16 concellos: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Drión e Cuntis. En total, trinta artistas procedentes de Xapón, Portugal, Euskadi, Zamora, Sevilla, Tenerife, Madrid, Teruel, Guadalaxara, Alacante e Galicia protagonizarán as 91 actuacións que xa están programadas e que aínda poderían ser máis.

Seguindo a liña doutras edicións, Atlántica volve brindar espectáculos para todos os públicos e en espazos diversos. Recuncarán as contadas en lingua de signos, para bebés e para os maiores, e tamén unha das actividades con mellor acollida do festival: os roteiros con contos. As historias tomarán os teatros, as bibliotecas, os centros cívicos, os bares, as rúas, os parques en mesmo os cemiterios. O festival vai estrear novos formatos como os contos de orella á orella nas rúas, as contadas cos cans nos parques e tamén haberá tapas atlánticas nos bares e tabernas.

Ademais, nesta edición Atlántica súmase á celebración de Luis Seoane facendo unha chiscadela ao seu cadro ‘As mariscadoras’ no cartel oficial porque, en palabras da directora do festival, “os contadores somos mariscadoras”. Outra figura que tamén será homenaxeada é a de Antonio Fraguas por ser un referente da investigación.

PUBLICIDADE

 

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    commedia025

    ‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares

    Sincronacidas01

    Sincronacidas, premio ao Mellor Espectáculo de Rúa en FETEN 2019