in ,

Antonio Mauriz gaña o I Premio Platta de Teatro Breve con ‘Amor de corbata’

FiosErnestoIsViana |

Antonio Mauriz Martínez acada o I Premio Platta de Teatro Breve – Castilla y León coa peza Amor de corbata. O texto, escollido entre 23 obras presentadas de gran variedade temática e estilística, será publicado nunha colección especial en galego, castelán e portugués dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.

Para esta primeira convocatoria do Premio Platta de Teatro Breve, o xurado estivo composto polo dramaturgo Ernesto Is, a actriz Casilda Alfaro e o dramaturgo para a infancia e a xuventude e tamén director do CITEAMOR Xoán Carlos Riobó, actuando como secretario con voz pero sen voto Pedro Pablo Riobó, da erregueté. O xuri valorou positivamente o “interesante xogo teatral que propón a obra desde o punto de vista escénico e textual con diálogos áxiles que constrúen un ritmo semellante a un trote cara a ningures. A peza presenta unha intensa relación de dominio en bucle entre dúas personaxes femininas con reminiscencias ao teatro de Beckett”.

Ademais da súa publicación, o texto será o material de traballo das lecturas dramatizadas en tres linguas que terán lugar en Zamora o día 31 de marzo dentro do programa do Festival de Teatro Transfronteirizo.

O autor

Antonio Mauriz (Ferrol, 1968) é dramaturgo, director de escena, latinista e tradutor. Doutor en Filoloxía Latina e Licenciado en Filoloxía Alemana pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou estudos de dirección de Escena na Escola de Teatro Santart. En coautoría coa dramaturga Guadalupe Pardo Varela, escribiu e publicou as obras de teatro El cuarto oscuro (Premio Kutxa Ciudad de San Sebastián 2008) Ciudad e La Pecera (Premio Fray Luis de León de la Junta de Castilla y León 2010. Obtivo o terceiro premio do II Certame de novos dramaturgos Lanau Escénica 2015 con El tren de las trece (y trece).


Publicidade

O certame

O Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas nace en 2019 co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Federación Galega de Teatro Afeccionado, Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e erregueté). O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués). Este primeiro texto inaugura a colección PLATTA de teatro breve editada pola erregueté, cofinanciada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

 

Foto: Un momento da lectura dramatizada de Fíos, de Ernesto Is, no Festival Transfronteiriço de Teatro Amador de Viana do Castelo, en setembro de 2018.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

almanonehippie3 |

O Colectivo Verticalia estrea ‘Alma (non é hippie)’ na Coruña

Cinzas |

Premio de Honra Marisa Soto para as aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense