in

Las Tricotouses presentan ‘Dance Train’ en Ferrol

Las tricotouses |

Las Tricotouses presentan, hoxe ás 23:30, na sala Room de Ferrol, Dance Train, unha proposta das bailarinas coreógrafas e formadoras Rut Balbis e Cristina Montero xunto ao Dj JasProcessor.

Inspirándose no exitoso programa Soultrain, as coreógrafas propondrán dinámicas de movemento guiadas por un percorrido pola história da música de baile. Un contaxioso remix de sons de groove e ritmo, un paseo dende o afro-funk ata música dance dos 80 e 90 con destellos da electrónica mais actual.

Trátase de vivir un momento de boa música e de baile facilitando que todas e todos nos movamos e gocemos.


Publicidade

Este é o cuarto espectáculo do ciclo “La Room das Mulleres”, na sala La Room de Ferrol, un espazo de música en directo que busca ampliar a oferta cultural da cidade.

Las Tricotouses é unha compañía formada por Cristina Montero e Rut Balbís que producíu varios espectáculos dende 2012: Só unha escusa, en 2012; Momento blooming, en 2014 e Emoticores, en 2016.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatropano |

Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro 2019

Roteiro |

Nova edición do roteiro María Casares na Coruña