in

Isabel Blanco, premio Celanova Casa dos Poetas

Rosadedousaromas |

O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas” acordou conceder o galardón este ano á actriz Isabel Blanco “polo seu compromiso vital con Galicia a través dunha impecable traxectoria profesional”, segundo informou o xurado. Pondera tamén “a súa actitude positivista e afable, a cultivar unha visión amable da sociedade galega, tanto do aquén coma do alén das nosas fronteiras culturais e emocionais”.

O xurado lembra a súa traxectoria, dende a súa emerxencia inicial como presentadora na Televisión Galega a mediados dos anos 90, á súa eclosión na arte da interpretación televisiva na recordada serie Mareas Vivas, acompañando ó tamén Premio “Celanova Casa dos Poetas”, Luís Tosar. E valora que teña sabido “representar dun xeito moi persoal, os principais valores da nosa sociedade como pobo, modesto e humilde, pero consecuentemente preparado para poder andar polo mundo orgullosos de sermos quen somos”.


Publicidade

Máis coñecida como actriz de cine e teatro, Blanco ten, non obstante, unha delongada carreira no teatro, na que destacan títulos como Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa, Rosa de dous aromas, de Emilio Carballido [na foto] ou E(l)las Confidential, de José Prieto, entre outras.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

IgorGandraOlo |

Igor Gandra comparte escenario cunha marioneta no Porto

celsoparada |

A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra