in

A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra

celsoparada |

A Academia Galega de Teatro, na súa xuntanza anual, celebrada en dependencias do Auditorio Municipal de Cangas, acordou nomear académico de honra ao actor e director teatral Celso Parada.

Parada é unha das figuras máis salientables da xeración que deu inicio ao teatro galego profesional. Formado xunto a figuras como Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez ou Victor Rotelli, a súa delongada carreira inclúe ducias de espectáculos, especialmente coas compañías Teatro do Morcego, da que foi fundador (O Lazariño de Tormes, Rapsodia Pimenteliana, Misterio cómico, Morte accidental dun anarquista, Os vellos non deben de namorarse, A gran ilusión, Momo, A farsa do bululú, O burgués fidalgo…), Via Láctea (Multimedia), Produccións Teatrais do Sur (Sempre Ubú, Macbett…), e co Centro Dramático Galego (A comedia do gurgullo, O colaborador, A cacatúa verde, O regreso ao deserto…).

Parada foi recoñecido por numerosos premios como o Premio Compostela ao mellor actor protagonista por Misterio Cómico, dirixido por Júlio Cardoso, en 1992; o Premio María Casares ao mellor texto adaptado polo Lazariño de Tormes, en 1998; o Xograr de Outono do Festival Outono de Teatro de Carballo en 2005; ou o Premio Roberto Vidal Bolaño ao Mérito Teatral en 2006.

 


Publicidade

Congreso de Teatro Galego

Por outra banda, A Academia presentará o vindeiro 26 de marzo, no salón de actos do Consello da Cultura Galega, en Compostela, o Congreso Internacional de Teatro Galego, que está previsto que se celebre en 2020 baixo o epígrafe “Co 2030 no horizonte”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Rosadedousaromas |

Isabel Blanco, premio Celanova Casa dos Poetas

CARTEL XXIIIFrag |

A gala dos María Casares retransmitirase a través de Youtube