in

Convócanse as subvencións a festivais de artes escénicas e música

festival |

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional cunha dotación de 530.000 euros. Desta contía, 340.000 euros destínanse especificamente aos eventos musicais e os 190.000 euros restantes, aos escénicos.

Poden optar a esta convocatoria as entidades privadas ou administracións locais organizadoras de festivais que se celebren entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019, que conten cunha traxectoria de polo menos dúas edicións anteriores e que ofrezan nos seus carteis un mínimo de seis compañías ou grupos, entre outros requisitos.

Establécese, así mesmo, que o 40% do orzamento subvencionable debe corresponder á contratación artística no caso dos festivais de música e o 30 por cento nos escénicos. Para esta última modalidade, engádese que a presenza de compañías compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan a súa actividade en Galicia ten que supoñer, como mínimo, o 20% da contratación artística do festival ou o 30% do total das actuacións profesionais que se ofrezan.

As bases fan fincapé na consideración deste tipo festivais como un sector cultural estratéxico para Galicia e no impulso da súa profesionalidade, de xeito que se esixe que polo menos a metade dos concertos ou representacións programadas sexan de pago, agás no caso dos festivais escénicos de rúa.


Publicidade

As subvencións, para as que o prazo de solicitude estará aberto desde mañá ata o día 13 do vindeiro mes de maio, serán concedidas mediante o procedemento de concorrencia competitiva e cada unha das solicitudes será avaliada, de acordo co baremo especificado nas bases, por unha comisión da que formarán parte expertos independentes.

A convocatoria está dispoñible para a súa consulta no Diario Oficial de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Liberto@Miramemira |

Tamara Canosa: “A nosa liña de acción é apostar por un teatro que busque tocar onde non se toca”

teatroo |

Xose Prada gaña o Premio Platta de Teatro Breve – Galicia