in

Teatro Art’Imagem presenta no Porto unha obra sobre a Revolucion do 25 de abril

AnosAbalaronNossoMundo |

Teatro Art’Imagem presenta hoxe, no Museu Militar do Porto (o antigo cuartel da PIDE, a policía política da ditadura), Os Anos que Abalaram o (Nosso) Mundo! – Cenas e Crónicas do 25 de Abril, o segundo espectáculo dun proxecto artístico denominado “Identificação do Meu País”, un ciclo que pretende acompañar a historia de Portugal desde 1945 até aos nosos días, através das memorias vividas do autor do texto e director. Un proxecto iniciado en 2017 con O Fascismo (Aqui) Nunca Existiu! (1945-1974).

Na peza, que se estreará oficialmente os días 24 e 25 de abril no Forum da Maia, abórdase a revolución de 1974, “os días máis felices do país en toda a súa historia”, segundo o autor e director José Leitão. Alén de ser unha homenaxe a eses días, ao pobo portugués e á historia nacional, a peza é tamén unha homenaxe ao teatro, que tamén pasou unha revolución ética logo do 25 de abril, “pondo-se ao serviço daquilo que é a sua função de comunicar com o povo, levantar problemas e questionar a vida”.

“Acorda, acorda, há uma revolução”. É así como José M. toma coñecemento do movemento militar desencadeado na madrugada do 25 de Abril. A súa resposta parece insólita. “Deixa-me dormir, pá, não me chateies!”.

Os anos que abalaram o [nosso] mundo é unha espécie de diario dos acontecementos vividos no Porto e no País nos primeiros días da revolución, memorias contadas por alguén que reúne caracteriísticas dun conxunto de persoas reais e ficticias que viviron intensa e vertixinosamente os días primeiros que abalaron e transformaron indelebelmente o noso pequeno mundo.

Non sen podería, porén, ter chegado a “esta bela e leda madrugada que esperabamos” sen abordar as últimas vilanías dun réxime que durante 48 anos amordazou os portugueses, loitas e traxédias que crearon as condicións para “emerxermos da noite e do silencio”, sedosos de “saber qual a cor da liberdade”.

Polo escenario e platea pasarán os días da descuberta e da alegría de “o povo unido jamais será vencido”, do inesperado e inesquecíbel primeiro de Maio, a evocación dun tempo de esperanza en que “Nunca Portugal foi tão feliz”.

Todo era daquela posible, cando “o soño comanda a vida” aínda que, despois da bela aurora e ao finar o día primeiro, as bágoas voltasen a aflorar nos rostros desta “gente feliz” chorando os últimos mortos, nas horas amargas que Lisboa viviu xunto à PIDE, cando se conquistaba a nova cidade cos novos capitáns, ao servizo do pobo.

A obra lembrará a cidade do Porto nos primeiros días de festa e loita co pobo na rúa, axudando a determinar o carácter revolucionario que tomou o levantamento militar, neutralizando as forzas que aínda se resistían á mudanza.


Publicidade

Historias dentro da Historia en efecto matrioska, este espectáculo, sen ignorar protagonistas e feitos principais, acrecenta e realza outras narrativas de mulleres e homes anónimos que axudaron a que un golpe militar se transformase nunha revolución que transfiguraría Portugal.

Historias tamén para ser contadas do Teatro e dos seus artistas que nos lembran espectáculos e episodios deses tempos en que a censura tiña rematado e peripecias cómico-tráxicas das súas representacións polos mais recónditos lugares e espazos ao encontro de públicos que vían teatro ao vivo por primeira vez. O Teatro dentro do teatro acontece.

No medio destes enredos histórico-artísticos atópanse os homes e mulleres do Teatro e do Art ́Imagem que nacería da “metralla” deses días de “intenso agora” e, como Sherezade, “condenado” a contar en escena as veas abertas da humanidade e as súas memorias de amor e guerra.

A escrita e a posta en escena da peza son un compromiso artístico de teatro da memoria, histórico e documental, que traballa dramaturxicamente factos e memorias alicerzados en testemuños e lembranzas orais ou publicadas, crónicas e reportaxes en xornais, revistas e libros, da radio e televisión, da poesía, novela ou ensaio, Internet, fotografía e cinema, cancións, slogans, comunicados, cartazes, panfletos e…todo.

 

Ficha

Texto, Dramaturxia e Dirección: José Leitão
Elenco: Daniela Pêgo, Susana Paiva, Patrícia Garcez e Luís Duarte Moreira
Asistente de Dirección: Daniela Pêgo
Dirección Músical: Rui David
Vestiario: Luísa Pinto
Movemento: Constanza Givone
Dirección Técnica, Deseño de Luz e Vídeo: André Rabaça
Dirección de Produción: Sofia Leal

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

pexels 109669 |

O INAEM convoca o Premio de Teatro para Autores Noveis Calderón de la Barca

auditorium |

XI Semana do Teatro Amador de Tui