in

O INAEM convoca o Premio de Teatro para Autores Noveis Calderón de la Barca

pexels 109669 |

Xa está aberto o prazo de presentación de obras para optar ao premio de autores noveis que o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte convoca cada ano a través do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM).

O obxectivo desta convocatoria, dotada con 10.000 euros, é recoñecer e promocionar o labor de novos autores de literatura dramática. Nesta edición de 2018, as solicitudes para o Premio de Teatro para Autores Noveles Calderón de la Barca poderan presentase ata o 6 de maio.

Os solicitantes deberán presentar obras teatrais de tema orixinal cuxa duración sexa a normal dun espectáculo dramático completo, non admitíndose pezas de teatro breve nin adaptacións. As obras poderán estar escritas en calquera das linguas oficiais do Estado.

Enténdese por autor novel aquel que aínda non estreasen de forma pública máis de unha obra en circuítos de exhibición con rendementos de billeteira –quedan excluídas deste cómputo as pezas de teatro breve.


Publicidade

Na avaliación dos traballos presentados polos solicitantes valorarase a calidade da escritura dramática do texto, a viabilidade da súa posible posta en escena e o carácter innovador da linguaxe e da estrutura dramática do texto.

Convocatoria no BOE

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroBeneficencia2 |

Visitas guiadas ao Teatro da Beneficencia de Ortigueira

AnosAbalaronNossoMundo |

Teatro Art’Imagem presenta no Porto unha obra sobre a Revolucion do 25 de abril