in

Nova edición do Corufest, en maio

GenerationWhy |

Do 9 ao 12 de maio celebrarase unha nova edición de Corufest, un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que pretende ser un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social.

O festival trae á cidade da Coruña ao gañador do premio Max 2016, Ángel Ruiz, coa súa obra sobre o pioneiro Miguel de Molina, a última obra de Teatro en Vilo, así como as propostas sobre xénero de Barba Inguinal, entre outras.

 

PROGRAMA

09/05/2019 FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

20:30: BARBA INGUINAL (concerto/performance reformando o reggaetón)

As integrantes de A Panadaría mergúllanse no machismo do reggaetón comercial para ofrecer a súa propia versión do xénero, no que substitúen os tons ofensivos das letras polo empoderamento da muller. Barba Inguinal é unha banda de reggaetón feminista. Toman o estilo e danlle unha volta, tanto nas letras coma nos movementos, seguras de que o feminismo pode facerse dende a cadeira e non só dende a cabeza.

Intérpretes: Areta Bolado , Ailén Kendelman
Xénero: Conferencia concerto
Duración : 60 minutos

 

22:00: INTRODUCING THE STAR (sesión DJ + proxeccións)

Mesturando o documental e a ficción, un percorrido pola visión dos creadores da peza. Filme proxectado no Queer Lisboa e en CA2M.

Intérpretes: Pablo Esbert e Federico Strate
Xénero: Musical
Duración: 70 minutos

 

10/05/2019 TEATRO COLÓN

20:30 Miguel de Molina al desnudo, de ÁNGEL RUÍZ (Teatro musical)


Publicidade

O polifacético Angel Ruiz enfróntase a este personaxe como dramaturgo e intérprete. Acompañado ao piano por César Belda e dirixido por Félix Estaire, Ángel Ruíz transfórmase durante 90 minutos en Miguel de Molina, xenio da copla, artista moderno e transgresor que, como tantos outros, se viu na obriga de emigrar de España. Cancións súas como “Ollos Verdes” ou “La bien pagá” forman o argumento dunha vida cargada de ledicia, nostalxia, rebeldía e inxustiza. Un tributo necesario aos esquecidos.

Intérprete: Ángel Ruiz
Dirección: Félix Estaire
Xénero: Teatro Musical
Duración: 90 minutos

 

11/05/2019 TEATRO COLÓN

20:00 – ACCIÓN ALAS PRESENTANDO A COMUNIDADE SENIOR CORUÑA

21:00 – PUTOCHINOMARICON (concerto)

A sona dalgúns grupos propaganse tan rápido por Internet e polas redes sociais e as súas cancións e mensaxes teñen tanta repercusión que, cando saen publicadas de forma oficial, xa son moi coñecidas. Este é o caso de Chenta Tsai Teng, ou o que é o mesmo : PUTOCHINOMARICÓN. Migrante de orixe chinesa, arquitecto, músico, activista, unha criatura intelixente, comprometida. Un ser doce á par que acedo, un personaxe único e irrepetible namorado da cultura pop das últimas décadas.

Intérprete: Chenta Tsai
Xénero: Concerto
Duración 50 min

 

12/05/2019 TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

20:30 – Generation Why, de TEATRO EN VILO

Tres actrices procedentes de Galicia, Reino Unido e Italia afrontan unha simple mais controvertida pregunta: Que queres para o teu futuro?

O xogo de imaxinar futuros posibles- ou imposibles- muda nunha invocación ou exorcismo, unha sorte de ritual contemporáneo no que quedan a descuberto as esperanzas, medos, ambicións dunha xeración abafada pola altura dos seus soños e expectativas.

Generation Why é un anaco de vida, un rito de paso, un canto á mocidade, un fogar itinerante, un lugar no tempo. É o momento exacto en que se atopan a convicción de que aínda todo é posible e a certeza de que todo acaba. Que mellor momento que este para celebrar a vida?

Intérpretes: Noemi Rodríguez, Chiara Goldsmith, Roisin O’Mahony, Andrea Jiménez
Dirección: Andrea Jiménez
Xénero: Comedia
Duración: 75 minutos

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

usc mostra de teatro universitario de galicia slide 18 abril 2019 r |

Dez compañías galegas na XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Pano Teatro Principal |

Unha exposición amosa a historia do Teatro Principal de Tui