in

O colectivo 85Corpos move Vigo polo Día da Danza

Cartel85C |

O colectivo de mulleres artistas 85C ultima a segunda edición dos poucos festivais de danza da cidade: 85Corpos, que este ano ofrecerá varias jams, espectáculos, faladoiros e encontros de distintas personalidades da danza. Unha cita cultural que terá como pano de fondo a necesidade da expresión corporal como mobilización e integración social. Para iso este ano a asociación colabora coa Fundación Igualarte – asociación sen ánimo de lucro que traballa con persoas con capacidades diferentes a través da arte- cunha peza de danza contemporánea “Encontrarte en lo oculto” dirixida e coreografada por Juan Cid.

Dende o colectivo explican: “É necesario reivindicar o corpo como propio. Buscamos que o público vexa natural a danza, como unha expresión do máis visceral, das emocións máis profundas. O seguro é que se algo temos en común as persoas, é a nosa necesidade de comunicación e de sociabilización. Levar a danza aos espazos non convencionais pretende invitar á comunidade a divertirse e volver a xogar có corpo e co corpo das demais”.

A xornada comezará o venres ás 23:30 na Sala Kominsky cunha jam aberta e de expresión libre musicada pola Dj a k a z i e que xogará entre a electrónica e as músicas de distintas etnias onde todo o mundo é convidado a participar.

O sábado haberá unha sesión completa comezando ás 13:00 horas no Almacén Cultural cunha “convivencia de danzas urbanas” onde se xuntarán bailarinas e bailaríns das danzas urbanas para debatir sobre a situación da cultura urbana en Vigo, completándose cunha jam despois do xantar.

Ás 18:30 estrearase espectáculo Encontrarte en lo oculto, da compañía Igualarte, que dará pé a unha jam “sen barreiras nin prexuízos” aberta e guiada por Juan Cid, onde o obxectivo é a igualdade de oportunidades na danza. A entrada será inversa, doazón expresa para a compañía Igualarte.


Publicidade

Pola noite, volve a festa “Macarena War” coa súa VI edición na Sala Doppler, ás 00:15 horas, a “única batalla de baile onde non fai falla que saibas bailar”. Neste evento únense bailaríns ou bailarinas con persoas do público que desexen romper a pista cós mellores pasos da noite. Ameniza Dj Garra e Dj Pol cun repertorio de música negra, acompañados ao micro por Quereizaeta (de Rebelióm do Inframundo). Xulgarán as batallas bailarinas referentes da cidade de Vigo como Jana Pérez ou Lúa Muñoz.

O domingo rematará o festival cunha charla coloquio a cargo de Olga Cameselle sobre as orixes da danza e, a seguir, cun xantar popular na Cova dos ratos e unha sobremesa coa proxección de Blush de Wim Vandekeybus, para dar paso a un faladoiro e debate onde estarán representadas as distintas danzas e se discutirá sobre a situación das mesmas, o papel da muller nelas e as problemáticas diversas.

Cómpre facer fincapé en que a asociación feminista 85C fai todo sen ánimo de lucro e que todo o diñeiro conseguido –mediante achegas libres- no festival reinvestirase no seu labor de visibilización de mulleres artistas así como de concienciar sobre a escaseza de danza na escena pública e privada.
 
 
 
 

Programa85C |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CTALMADAOrdemMerito |

A Companhia de Teatro de Almada laureada como Membro Honorário da Ordem do Mérito de Portugal

CamiñoEscenaNorte2 |

Ábrese o prazo para a inscrición de espectáculos en Camiño Escena Norte