in

Ábrese o prazo para a inscrición de espectáculos en Camiño Escena Norte

CamiñoEscenaNorte2 |

Ata o venres 3 de maio está aberto o prazo para a inscrición de espectáculos no Itinerario Constelacións, eixo vertebrador do programa da primeira edición do proxecto Camiño Escena Norte, que promoven as asociacións profesionais Escena Galega (Galicia), EscenaAsturias (Principado de Asturias), Acepace (Cantabria) e Eskena (País Vasco) e que se celebrará nas catro comunidades autónomas, entre o 19 de setembro e o 13 de outubro de 2019.

Camiño Escena Norte –que se presentou ao público en novembro, no marco da 7ª edición do Mercado de Artes Escénicas, Mercartes, na cidade de Valladolid–, comprimirá a súa programación escénica nun mes no chamado Itinerario Constelacións, coa seguinte organización e estrutura:

  • Programaranse 8 funcións en cada CCAA.
  • Participarán 2 compañías de cada CCAA que levarán a cabo un máximo de 4 funcións cada unha.
  • O programa constará de 8 espectáculos diferentes.

A idea do intercambio cultural está baseada en que as compañías se presenten nos seus territorios veciños, non no seu propio, desta maneira: As compañías de GALICIA actuarían en Asturias, Cantabria e País Vasco. As compañías de ASTURIAS actuarían en Galicia, Cantabria e País Vasco. As compañías de CANTABRIA actuarían en Galicia, Asturias e País Vasco. As compañías de PAÍS VASCO actuarían en Galicia, Asturias e Cantabria.


Publicidade

Os criterios de selección dos espectáculos estarán baseados na calidade, diversidade de linguaxes e estéticas e valor cultural dos mesmos. Este programa nace coa intención de mostrar e mostrarnos o mellor das artes escénicas de cada un dos territorios que imos unir a través deste novo camiño. As compañías poderán participar co espectáculo en calquera das 4 linguas presentes nas CCAA que forman parte do programa: galego, asturianu, castelán e eúscaro, así como en dous delas sen que en ningún caso o feito de presentar a produción nunha ou outra lingua supoña unha vantaxe ou desvantaxe para entrar na selección: ao seren seleccionados espectáculos en galego, asturianu ou eúscaro as funcións contarán cunha mediación técnica en formato de tradución/subtitulado das pezas.

As persoas e entidades que queiran inscribir o seu espectáculo poden facelo, antes do venres 3 de maio ás 20.00, en escenanorte.com/gal/form.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cartel85C |

O colectivo 85Corpos move Vigo polo Día da Danza

lugomaxico19 |

XVI Semana Internacional Lugo Máxico