A 16ª edición da Semana Internacional de Maxia en Lugo-Lugo Máxico, celebrarase do 5 ao 11 de maio. Esta programación achegará unhas 60 actuacións a un público de todas as idades, convertendo a Lugo en paraíso máxico.
Este ano, por primeira vez, serán os magos os que acheguen a ilusión aos propios colexios, concretamente a máis de 20 centros educativos, que se suman aos espectáculos en escolas infantís municipais (Piringalla, Serra de Outes, Gregorio Sanza e Sanfiz), no Auditorio Municipal Gustavo Freire e nas ociotecas do Uxío Novoneyra , A Milagrosa e Maruja Mallo; así como no MIHL, no Mercado Municipal, no Mesón do Forno, no Centro de día Antonio Gandoy, nas Casas das Linguas de Acea de Olga e da Piringalla, no Vello Cárcere, na Ponte Romana e no Hospital de Calde.
Tamén haberá maxia na rúa: na Praza Maior, na Praza da Milagrosa, en Porta Miñá e na Praza do Castiñeiro. Tamén actuarán en instalacións de colectivos sociais.
A programación
Esta edición abrirá coa presentación, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, do novo espectáculo do Mago Rafa, Agora, A maxia das emocións, o 5 de maio, ás 18:30.
A XVI Semana Internacional de Maxia de Lugo contempla xunto a esta gala inaugural outras dúas galas máis: o venres 10 de maio, ás 20:00, no Gustavo Freire, a unipersoal, da man do Mago Teto, que presentará Alquimia, ; e o sábado 11 de maio, ás 21:00, no mesmo espazo municipal, a Gran Gala Internacional.
O Mago Teto buscará na Gala Unipersoal, coa súa obra, a pedra filosofal, non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón e á felicidade.
Pola súa banda, na Gran Gala Internacional participará Edama, campión de España de grandes ilusións, que xunta pasión, enerxía, historias sorprendentes e a máis espectacular posta en escea, chegando ao máis profundo da mente do público, evocando emocións e facendo realidade o que para outros é simplemente un soño. Xunto a el, o dúo dos mozos portugueses Ta Na Manga, que asocian a cartomaxia ao arte, neste caso á música. Tamén Men in Coats, dous comediantes do Reino Unido que ofrecen un espectáculo visual tan divertido como intelixente. Unha mistura de bufonería e ilusionismo que gañou ao público por todo o mundo. Nesta cita, presentada por Isaac Jurado, tamén participará Alberto Giorgi, ilusionista que se atopa entre os exemplos máis destacados e atractivos do panorama europeo da maxia, cun estilo inimitable, que combina perfectamente a tradición e a modernidade; e G. Alexander, un dos ilusionistas españois máis competitivos e con máis proxección internacional do momento. Picardía, arte e personalidade son as palabras que definen os seus espectáculos.
As entradas xa poden adquirirse en www.entradaslugo.es e no Centro de Interpretación da Muralla. Os mesmos días das galas tamén se poderán adquirir no propio auditorio dende 90 minutos antes do comezo do espectáculo.
PROGRAMA
Domingo 5 de maio
18:30 GALA INAUGURACIÓN DO LUGOMÁXICO 2019: Ahora, o novo espectáculo do MAGO RAFA!
Luns 6 de maio
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP ALBEIROS(MARTILDA)
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP DIVINO MAESTRO(JULITO RAPADO)
10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL DA PIRINGALLA (MAGO PACO)
11:00 MAXIA EN ASPNAIS (JAVI RUFO)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP QUIROGA BALLESTEROS (MARTILDA)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP CERVANTES (JULITO RAPADO)
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (GISELL)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (JAVI RUFO)
19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL (MAGO PACO)
21:00 MAXIA NO MESÓN DO FORNO (GISELL E JAVI RUFO)
Martes 7 de maio
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO COLEXIO MARISTAS “LA INMACULADA” (GISELL)
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP ANEXA(MARTILDA)
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO (JULITO RAPADO)
10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL SERRA DE OUTES(MAGO PACO)
11:00 MAXIA SOCIAL NA COGAMI (JESÚS CASTEJÓN E JONATHAN BARRAGÁN)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO COLEXIO SALESIANOS DIVINA PASTORA (MARTILDA)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP SAGRADO CORAZÓN (JULITO RAPADO)
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (JAVI RUFO)
17:30 MAXIA NA OCIOTECA UXÍO NOVONEYRA (MAGO PACO)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (GISELL)
18:00 MAXIA NO MIHL (JAVI RUFO)
19:00 MAXIA NO VELLO CÁRCERE (JONATHAN BARRAGÁN)
21:00 h. MAXIA NO MESÓN DO FORNO (SARAPÍN E MARTILDA)
Mércores 8 de maio
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP AS MERCEDES(MARTILDA)
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP MENÉNDEZ Y PELAYO (JULITO RAPADO)
10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL GREGORIO SANZ(MAGO PACO)
12:00 MAXIA SOCIAL NO CENTRO DE DÍA ANTONIO GANDOY (JONATHAN BARRAGÁN)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP LUÍS PIMENTEL(MARTILDA)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO COLEXIO FRANCISCANOS (JULITO RAPADO)
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (SARAPÍN)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (MAGO PACO)
18:00 MAXIA NA CASA DAS LINGUAS ACEA DE OLGA (GISELL)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA DA MILAGROSA(JONATHAN BARRAGÁN)
19:00 MAXIA NO VELLO CÁRCERE (SARAPÍN)
21:00 MAXIA NA PONTE ROMANA (JAVI RUFO E JONATHAN BARRAGÁN)
Xoves 9 de maio
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP A PONTE (MARTILDA)
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP MANUEL MALLO MALLO (JULITO RAPADO)
10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL SAN FIZ (MAGO PACO)
12:00 MAXIA SOCIAL NO HULA (SARAPÍN)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP AS GÁNDARAS (MARTILDA)
12:00 h. MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP SAN JOSÉ (JULITO RAPADO)
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (JONATHAN BARRAGÁN)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (SARAPÍN)
18:00 MAXIA NA OCIOTECA MARUJA MALLO (MAGO PACO)
18:00 MAXIA NA CASA DAS LINGUAS DA PIRINGALLA (MARTILDA)
18:00 MAXIA EN ADACE (JONATHAN BARRAGÁN)
19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL (JAVI RUFO)
22:30 MAXIA NA PORTA MIÑÁ (JESÚS CASTEJÓN, JAVI RUFO, MARTILDA, JULITO RAPADO, MAGO PACO E JONATHAN BARRAGÁN)
Venres 10 de Maio
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP MARÍA AUXILIADORA (MARTILDA)
10:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP CASÁS (JAVI RUFO)
12:00 MAXIA SOCIAL EN CALDE (JONATHAN E PACO)
12:00 MAXIA PARA ESCOLARES NO CEIP PARADAI (JAVI RUFO)
13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (JULITO RAPADO)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR (JONATHAN BARRAGÁN)
18:00 MAXIA NA OCIOTECA DA MILAGROSA (MAGO PACO)
18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA DO CASTIÑEIRO (JAVI RUFO)
20:00 h. GALA UNIPERSONAL. Mago Teto presenta Alquimia. AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE DE LUGO
Sábado 11 de maio
21:00 GRAN GALA INTERNACIONAL