in

Os títeres de Redondela cumpren vinte anos

TheatreJaleo |

Trinta e unha compañías chegadas de lugares como Arxentina, Perú, Portugal, Dinamarca, Francia, Bélxica a República Checa e, por suposto, Galicia, serán parte do programa con que o Festival de Títeres de Redondela celebra a súa vixésima edición, do 13 ao 19 de maio.

Xa van 20 anos dende que a Asociación Xente Titiriteira arrancou coa primeira edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela Juanjo Amoedo e, dende aquela, xa se converteu nun símbolo de identidade para toda Redondela.

A vixésima edición do festival reforza a programación de rúa con diversos espectáculos itinerantes, amplía o mercado titiriteiro e inclúe un bo número de actuacións musicais para a cativada. Tamén haberá un concurso de selfies para crear unha actividade participativa na que a mocidade se sinta implicada.

Igualmente, poderá visitarse a exposición Marionetas do Mundo. Un Mundo de Marionetas, do Museo Galego da Marioneta e Viravolta Títeres, ou asistir á proxección de 20 anos…non é nada, un documental sobre o Festival. Outra novidade será a TitiriNoite, unha proposta que combina os monicreques co cabaré.

O Festival Internacional de Títeres de Redondela – Memorial Juanjo Amoedo, como subliñan os organizadores, “pertence á Memoria Colectiva de todo un pobo”.

 

PROGRAMACIÓN DE SALA


Martes, 14 de maio
21.00 h. Auditorio da Xunqueira. Proxección 20 anos…non é nada (Galicia). 
Documental sobre o Festival Inter. de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo.

Mércores, 15 de maio

21.00h. Auditorio da Xunqueira. Inés Pasic (Perú-Bosnia)
. Obra: Desde el Azul +12

Xoves, 16 de maio

21.00h. Auditorio da Xunqueira. Valeria Guglietti (Arxentina). 
Obra: 10 años de sombras +7

Venres, 17 de maio
17.00h. Auditorio da Xunqueira. Títeres Sin Cabeza (Aragón). 
Obra : Recreo +6

21.00h. Auditorio da Xunqueira.
Cinema Sticado (Galicia). 
Obra: Fin de tempada +14

Sábado, 18 de maio
17.00h. Auditorio da Xunqueira. Titiriguiri Teatro (Madrid). 
Obra : Pérez, el Ratoncito, no nace, se hace +4

21.00h. Auditorio da Xunqueira. La Chana Teatro (Castela León). 
Obra : Del Lazarillo de Tormes +14

Domingo, 19 de maio
17.00h. e 21.00h. Auditorio da Xunqueira. Jordi Bertrán (Cataluña)
. Obra: Antología +6

 

Exposición Marionetas do Mundo.Un Mundo de Marioneta do Museo Galego da Marioneta e Viravolta Títeres.

Multiusos da Xunqueira do 14 ao 20 de maio-19

 

Especial TitiriNoite XX edición. Théâtre Jaleo (Francia)
Obra : Edén + 14. Aforamento limitado. Prezo especial : 5 euros
Parking Seragua. Días : 16, 17 ,18 e 19 ás 23.00h., o 17 e o 18 tamén 20.30h

 

Teatriños Conmemorativos XX edicións: “Este Festival… cae de caixón”

Nesta XX edición decoramos a vila cuns Teatriños Conmemorativos feitos a partir de caixóns, repartidos nos establecementos dos nosos/as colaboradores/as locais como agradecemento ao seu compromiso co Festival.

 

Concurso Foto-Selfie: tes que nos mandar 4 fotos-selfie con 4 teatriños diferentes, hai máis de 15 modelos, só por participar entrarás no sorteo de: entradas, camisetas e teatriños. Bases: na web e no Facebook do Festival.

 

CAMPAÑA ESCOLAR


Luns, 13 de maio

10.30h. e 12.00h. Auditorio Piñeiral do Crego. Ocelot Teatro (El Salvador). 
Obra: La Historia de un huevo perdido +4

Martes, 14 de maio

10.30h. e 12.00h. Auditorio da Xunqueira. Teatro de Pavel Šmíd (República Checa)
. Obra: Una historia sobre el Tiempo +4

Mércores, 15 de maio
10.30h. e 12.00h. Auditorio da Xunqueira. Ocelot Teatro (El Salvador)
. Obra : La Historia de un huevo perdido +4

Xoves, 16 de maio
10.30h. e 12.00h. Auditorio da Xunqueira. Títeres Sin Cabeza (Aragón)
Obra: Recreo +6

 

PROGRAMACIÓN DE RÚA

Xoves 16 de maio. Especial vísperas XX edición

19.00h. Praza do Concello. Ocelot Teatro. Dondés y Pitón “45`. El Salvador

Venres 17 de maio. Especial Día das Letras Galegas

12.00h. Pista da Xunqueira. Espazo Lúdico. “Casa dos Xogos” até as 14.00h. Galicia

12.00h. Casa da Torre. Acto Institucional.

12.30h. Soportais-Alfonso XII. Les Contes d’Asphaldt.  Octaaph ”30`. Itinerante. Bélxica

13.00h. Praza do Concello. Trompicallo Títeres Jiñol. Galicia

14.00h. Soportais. The Turres Band. 30’. Música. Galicia

17.00h. Pista da Xunqueira. Casa dos Xogos. Espazo Lúdico até as 21.00h. Galicia

17.30h. Rúa Salgueiral. Ocelot Teatro. La Historia de un huevo perdido. El Salvador
Afonso XII. The Turres Band. Música. Galicia

18.00h. Praza do Concello. Trompicallo Títeres. Jiñol. Galicia
Campo da Petanca. Pizzicatto Títeres. El Caballero sin Caballo. Arxentina

18.30h. Alameda. Les Contes d’Asphaldt. Octaaph. Itinerante. Bélxica
Ribeira-Alfonso XII. MG.Prod. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

19.00h. Especial Itinerante XX edición.
Praza da Torre-Alfonso XII. Tutatis Teatre Caballs de Menorca. Itinerante. Cataluña

20.00h. Especial Concertos XX edición.
Casa da Torre. A Gramola Gominola ”Bravas. O rexurdir da luz. Música. Galicia
Alameda. The Turres Band. Música. Galicia
Paseo da Xunqueira. Relámpago.45`. Música. Galicia

20.30h. Rúa Salgueiral. Ocelot Teatro La Historia de un huevo perdido. El Salvador

21.00h. Campo da Petanca. Pizzicatto Títeres. El Caballero sin Caballo. Arxentina

Alfonso XII. Les Contes d’Asphaldt. Octaaph. Itinerante. Bélxica

22.15h. Paseo da Xunqueira. The Turres Band. Música. Galicia

Especial Itinerante XX edición
22.15h. Alfonso XII-Ribeira. MG.Prod. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

 

Sábado 18 de maio

13.00h. Praza do Concello. Ocelot Teatro. La Historia de un huevo perdido. El Salvador

17.00h. Pista da Xunqueira. Espazo Lúdico “A casa dos xogos”. até as 21.00h. Galicia

17.30h. Praza do Concello. Pizzicatto Títeres A todo trapo. Arxentina

18.00h. Pista da Xunqueira. Concerto. Cé orquestra pantasma. A voar. Música. Galicia

Soportais-Alfonso XII. Les Contes d’Asphaldt. Octaaph. Itinerante. Bélxica

Alameda. Ocelot Teatro Dondésh y Pitón. El Salvador


Publicidade

18.30h. Alfonso XII-Ribeira. Xip-Xap Teatre Rum Rum…Trasto Karts. Itinerante. Cataluña

19.00h. Campo da Petanca. Sol y Tierra Títeres. Fuenteovejuna. Madrid

Alfonso XII-Soportais. MG Prod. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

19.30h. Rúa Salgueiral. Títeres Sin Cabeza “Tuga, hace el payaso “50`. Aragón

Alameda. Ocelot Teatro Dondésh y Pitón. El Salvador

20.00h. Casa da Torre. Mutis Teatro. El Tesoro de la Serpiente Guaguadú. Castela-León

Pista da Xunqueira. Concerto. Cé orquestra pantasma. A voar. Música. Galicia

20.30h. Praza do Concello. Pizzicatto Títeres. A todo trapo. Arxentina

Especial Itinerante XX edición

20.30h. Alfonso XII-Soportais. Les Contes d’Asphaldt. Octaaph. Itinerante. Bélxica

21.00h. Ribeira-Alfonso XII.Xip-Xap Teatre Rum Rum…Trasto Karts. Itinerante. Cataluña

21.30h. Soportais-Ribeira. MG Prod. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

22.15h. Alfonso XII. Deabru Beltzak. Tambours de Feu. Itinerante .País Vasco

 

Domingo 19 de maio

11.45 h. Ruada Redondela é un conto
Un ano máis, Xente Titiriteira propón unha ruada, un paseo, un percorrido onde grandes e pequenos poidan participar de maneira activa. Nesta XX edición, queremos facer de Redondela un lugar máxico cheo de personaxes fantásticas saídas dos contos, da tradición oral, do cómic ou do cine de animación …convidámosvos a vir vestidos de calquera personaxe fantástica que queirades.
Saída: A Portela.
Percorrido : A Portela-Ribeira-Casa do Concello
Coa colaboración de: MG Producciones, Xip Xap, Escuadra 17 e Educateatro.

12.00h. Pista da Xunqueira. Espazo Lúdico “A casa dos xogos”. até as 14.00h. Galicia

12.30h. Praza do Concello. Pizzicatto Títeres. El Caballero sin Caballo. Arxentina

13.00h. Soportais. MG Prod. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

13.30h. Alfonso XII-Soportais. Compagnie Machtiern. Le Flamant Rose. Itinerante. Francia

17.00h. Pista da Xunqueira. Espazo Lúdico “A casa dos xogos” até 21.00h. Galicia

17.30h. Alfonso XII-Soportais. Les Contes d’Asphaldt. Octaaph. Itinerante. Bélxica

Praza do Concello. Ocelot Teatro Dondésh y Pitón. El Salvador

18.00h. Pista da Xunqueira. Concerto. Paco Nogueiras. Radio BuleBule. Música. Galicia

Alfonso XII-Ribeira. MG Prod. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

Alameda. Pizzicatto Títeres. El Caballero sin Caballo. Arxentina

18.30h. Soportais-Ribeira. Compagnie Machtiern. Le Flamant Rose. Itinerante. Francia

Alfonso XII-Ribeira. Xip-Xap Teatre Rum Rum…Trasto Karts. Itinerante. Cataluña

Campo da Petanca. Sol y Tierra Títeres. Fuenteovejuna. Madrid

19.00h. Rúa Salgueiral. Larraitz Urruzola. Dona Barriga Verde. Galicia

Praza do Concello. Ocelot Teatro. Dondésh y Pitón. El Salvador

Casa da Torre. Mutis Teatro. El Tesoro de la Serpiente Guaguadú. Castela-León

19.30h. Pista da Xunqueira. Concerto. Paco Nogueiras. Radio BuleBule. Música. Galicia

Especial Itinerante XX edición

20.00h.Ribeira-Alfonso XII. Xip-Xap Teatre Rum Rum…Trasto Karts. Itinerante. Cataluña

Ribeira -Alfonso XII. MG Producciones. Granujas a todo ritmo. Itinerante. Cantabria

Alfonso XII-Soportais. Les Contes d’Asphaldt. Octaaph. Itinerante. Bélxica

20.30h. Ribeira-Casa da Torre Cíe Machtiern. Le Flamant Rose. Itinerante. Francia

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ANA ROMANÍ |

Ana Romaní, Premio da MITEU de Ourense

Despoisdasondas |

María Casares regresa á Coruña como protagonista de ‘Despois das Ondas’