in ,

A MIT de Ribadavia presenta o cartel do 35º aniversario

CartelMit2019fr |
O deseño do cartel do 35 aniversario quere recoller, a través de imaxes representativas dos últimos 10 anos, a proxección do pasado como espello e impulso para o presente.

 

O deseño do cartel da 35ª MIT recolle imaxes de compañías galegas e internacionais e mostra o impulso e proxección que tivo para o teatro galego o festival. No cartel, o público poderá atopar imaxes de cada edición, dende 2009 (ano en que se celebrou o 25 aniversario) ata hoxe, como un peche de ciclo do festival, que se caracterizou por un impulso profesionalizador, por reforzar o seu rol de diálogo internacional no teatro galego e por achegar a Galicia mestres da escena mundial.

Así, pódense ver na imaxe escenas de postas en escena de Declan Donellan, Arístides Vargas, Voadora (Marta Pazos), Cristian Ceresoli, Ballets C de la B, Elefante Elegante, Atalaya, Pippo Delbono, Gardzienice (Staniewski), etc. O centro da imaxe ocúpaa Bobó, actor, xesto e alma da compañía italiana de Pippo Delbono, que o ano pasado visitou a MIT con La Gioia e que faleceu recentemente. A MIT quere así tamén lembrar e recoñecer todo o legado das persoas ligadas a este festival e que nos deixaron nestes 10 últimos anos: Bobò, Ernesto Chao, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Miquel Gallardo, Eimuntas Nekrosius ou Xan Cejudo.


Publicidade

Coma nun espello, a imaxe simboliza “que queremos mirar cara atrás, aprender do pasado, dos fallos e dos acertos para reforzar o papel dinámico e valente dun festival que dende a periferia e dende a súa dimensión popular e libre, quere seguir defendendo un espazo de dignidade para as persoas espectadoras de Galicia en diálogo coa escena internacional e as tendencias escénicas contemporáneas”.
 
 
 

CartelMit2019 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroEspressivo |

A Miteu-Vigo remata co grupo costarriqueño Teatro Expressivo

EmpapeladoAmarelo02 |

O empapelado amarelo