in

Nace a Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo

stage |
APTAV, a ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ pretende reunir a todos os profesionais do sector, “tanto de iluminación, como son, vídeo, rexedores, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar…”.

 

Cerca dun centenar de profesionais deron un paso definitivo para aglutinar dunha vez por todas a todos os profesionais técnicos de eventos en vivo de Galicia. A ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ (APTAV), que se define como “dos técnicos e para os técnicos, tratará de “denunciar as condicións de traballo abusivas”.

A idea é “acabar coa imaxe do técnico comendo un bocadillo no seu posto de traballo”, como sinala o comunicado. Para iso, todos os técnicos de Galicia, “técnicos de iluminación, son, vídeo, rexedores, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar…”, poderanse reunir na asociación para “visibilizar e dignificar a profesión, alcanzar melloras nas condicións de traballo e conseguir a conciliación laboral e unha igualdade de xénero real”.


Publicidade

A asociación, que forma parte da Plataforma Estatal de Asociacións de Técnicos/as do Espectáculo, conta cunha “asesoría legal para os asociados” e planea a posta en marcha dun sindicato galego para o sector, coa intención de poder idear un convenio colectivo. Do mesmo xeito, APTAV “colaborará activamente cos centros de estudos e promoverá xornadas e cursos de formación por toda Galicia”, sinala o seu comunicado.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PavelŠmíd |

Máis de 60 actividades e 30 compañías no Festival de Redondela

EMHU |

A Coruña recibe o Encontro Mundial de Humorismo