in

O Festival de Títeres de Redondela pecha con 30 actuacións

Flamant Rose Cie Machtiern |
A xornada arrancará coa ruada participativa ‘Redondela é un conto’ dende a Portela, na que se anima ao público a vir disfrazado de personaxe fantástico.

 

O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) clausurará esta 20ª edición cunha xornada chea do mellor teatro de monicreques polas rúas e prazas da vila. A tradicional ruada participativa, que este ano leva por título ‘Redondela é un conto’, abrirá a xornada ás 11:45 na Portela, e desta volta animarase a toda a veciñanza a vir disfrazada de calquera personaxe fantástica. A comitiva, capitaneada polos autos locos de Xip Xap Teatre, a música e os monicreques xigantes de MG producciones e os porquiños e o lobo de Educateatro terá como destino o Concello, nun camiño cheo de aventuras.

Pero esta non será a única actividade que se poda disfrutar na mañá do domingo, xa que ás 12:30, a carpa da Praza do Concello acollerá a función El caballero sin caballo dos arxentinos de Pizzicatto Títeres, e nada máis rematar, os Granujas a todo ritmo encherán de música os Soportais.

No apartado dos itinerantes, ás 13:30, os franceses da Compagnie Machtiern pasearán por Afonso XII e os Soportais Le Flamant Rose un flamengo xigante con apariencia de xoguete mecánico. O títere, que é considerado unha das marionetas articuladas máis grandes de Europa, volverá ás rúas xa de tarde, cun pase ás 18:30 dos Soportais a Ribeira e ás 20:30 de Ribeira á Casa da Torre.

Outro paxaro articulado, o Octaaph dos belgas Les Contes d’Asphaldt, sairá de novo ás rúas de Redondela ás 17:30 de Afonso XII aos Soportais, e en sentido contrario ás 19:30; igual que os autos Rum Rum… Trasto Karts de Xip- Xap ás 18:30 e ás 20:00. MG Producciones, de Cantabria, animará o ambiente con música e títeres xigantes con dous pases de Granujas a todo ritmo ás 18:00 e ás 20:00.

 

Música con Paco Nogueiras e moito teatro de rúa

Os concertos estrela do domingo, para seguir festexando a efeméride dos 20 anos de Festival, correrán a cargo de Paco Nogueiras na carpa da Pista da Xunqueira. O coñecido cantante, estrela do público infantil, repasará os éxitos do seu último CD Radio BuleBule na Pista da Xunqueira ás 18:00 e ás 19:30.


Publicidade

A carpa da Praza do Concello será o escenario de Ocelot Teatro, de El Salvador, co último pase de Dondésh y Pitón ás 17:30 e de La historia de un huevo perdido ás 19:00; mentres que a carpa da Alameda acollerá El Caballero sin Caballo de Pizzicato Títeres ás 18:00. Os madrileños de Sol y Tierra títeres representarán ás 18:30h o clásico Fuenteovejuna no Campo da Petanca, e media hora máis tarde, a galega Larraitz Urruzola levará o títere de cachiporra de Dona Barriga Verde ao Salgueiral e, tamén ás 19:00, Mutis Teatro encherá a carpa da Casa da Torre con El Tesoro de la Serpiente Guaguadú.

As actividades de rúa complementaranse nesta xornada cos tradicionais Títeres pola Gorra e os brinquedos populares que A Casa dos Xogos traerá á carpa da Pista da Xunqueira de 12:00 a 14:00 e de 17:00 ás 21:00. O teatro portátil que franceses Theatre Jaleo teñen instalado na Feira do Gando abrirá por última vez as portas do seu Edén ás 23:00, cun prezo único de entrada de 5€.

 

Jordi Beltrán en sala

A programación de sala pecharase con dúas representacións da Antología de Jordi Beltrán. O catalán é un dos titiriteiros máis prestixiosos de Europa e conta no seu haber con numerosos premios nacionais e internacionais. O espectáculo, de monicreques de fío, é a súa ópera prima, e poderá verse no Auditorio da Xunqueira ás 17:00 e ás 21:00, cun prezo de entrada de 6€ adultos e 4€ nenos.

Tamén no Multiúsos, pero desta volta na sala de exposicións, poderá visitarse gratuitamente a mostra “Marionetas do mundo. Un mundo de marionetas” coa que Viravolta Títeres quere poñer punto e final ao Museo da Marioneta de Lalín.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Octaaph |

Quince compañías internacionais enchen Redondela de Títeres este sábado

Maria Peinado

María Peinado: “Non ten sentido unha axuda á produción se despois a compañía non ten funcións”