in

Artes Escénicas no programa da Ascensión de Compostela

Ascension2019 |

Compostela vive dende hoxe mércores as festas da Ascensión, que este ano se celebran do 29 de maio ao 2 de xuño. Durante estes cinco días de festas haberá diversas propostas de artes escénicas.

Dentro do programa Artellando na Tarde, este mércores Lali Ayguadé presentará Entre dos na praza de San Martiño Pinario (20:30). En 2015, Lali Ayguadé foi convidada pola Fundación Joan Miró en Barcelona para dar vida á súa interpretación da exposición da Fundación “Miró i l’objecte”. Como resultado, Entre dos guía á audiencia nunha viaxe a través da transformación e a identidade, sendo a danza un dos moitos recursos que utiliza para traducir os seus pensamentos. Interactuando co público e o espacio, Entre dos é un testemuño vivo do mesmo proceso creativo dun creador e convida a descubrir emocións cruas e o virtuosismo do corpo.

A praza Roxa, por outra banda, acollerá o xoves 30 a compañía brasileira Circo no Ato, que presentará o seu espectáculo A salto alto. Neste espectáculo abórdase o mal da época: xógase coa posibilidade de que a vida sexa máis xogo e menos destino, camiños, medios, riscos A Salto Alto é o terceiro espectáculo do Circo no Ato, resultado dun proceso de creación dun ano entre a Central do Circ en Barcelona, no Circo Crescer e Viver, e na Escola Nacional de Circo. Coa dirección de Roberto Magro, o espectáculo profana a clásica historia da Cincenta, mestura fantasía e sátira e cuestiona a busca desenfreada de bens materiais.

 

A Festa no Principal

Pensada para o público familiar, o programa Artellando inclúe A Festa do Teatro no Principal, que se celebrará o sábado 1 de xuño.


Publicidade

A xornada arrincará, ás 11:30, cunha sesión de microespectáculos na que participarán Inacio Vilariño con Rodari, Rodari; Yolanda Castaño cunha sesión de contacontos en verso; Pérez&Fernández con A Tortoise, un can, two monsters e un picnic; e Servando Barreiro con Os c@ntos do bardo Abelardo. Ás 13:00 horas tomará o relevo a música e pedagoga Lydia Botana, que está a presentar o seu primeiro disco, Vuela.

Pola tarde, a festa continuará no Principal cunha nova sesión de microespectáculos, desta vez coa participación de Anxo Moure con Cóntame un cine; Xarope Tulú con A miña primeira viaxe; Saleta Fernández con Pan con chocolate; e Fani Triana co espectáculo de maxia Ilusionista.

Pechará a xornada, ás 18:30, Charo Pita co seu espectáculo No país do vento.

Todas as actividades da Festa no Principal son de balde, pero no caso das sesións de microespectáculos é preciso retirar as entradas, que están dispoñibles na billeteira do Teatro.

O programa completo das festas pode consultarse aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FefaNoia |

Fefa Noia deixará a dirección do CDG en outubro

Pablo Fidalgo 1 ©A. Area 1 |

Pablo Fidalgo Lareo, no Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias do INAEM