in

Pablo Fidalgo Lareo, no Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias do INAEM

Pablo Fidalgo 1 ©A. Area 1 |

Pablo Fidalgo Lareo é un dos cinco seleccionados polo INAEM para o VIII Programa de Desenvolvemento de Dramaturxias Actuais. Trátase dun proxecto promovido no marco da Muestra Española de Autores Contemporáneos, que ten como obxectivo contribuír ao impulso de linguaxes escénicas innovadoras a través do desenvolvemento de obras con absoluta liberdade temática, estilística e estrutural e que supón unha clara vontade de apoio aos novos creadores.

Os outros catro autores seleccionados foron Jorge Navarro de Lemus, María San Miguel Santos, Paula Llorens Camarena e Sara García Pereda.

A selección levouse a cabo por un comité presidido por Fernando Cerón, subdirector xeral de teatro do INAEM, e composto por Cristina Santolaria, investigadora teatral; Guillermo Heras, director da Muestra Española de Autores Contemporáneos e Sara Akkad, do Centro de Documentación de las Artes Escénicas y de la Música. O xulgado tivo en conta criterios como o interese cultural do proxecto, a súa contribución ao desenvolvemento e innovación de linguaxes escénicas actuais, así como a viabilidade da posta en escena do texto desde o punto de vista da produción, ademais dos méritos profesionais e artísticos dos candidatos.


Publicidade

Os autores cuxos proxectos foron seleccionados asinarán contratos de creación con INAEM. Os textos resultantes dos proxectos elixidos serán aloxados na páxina web da Muestra Española de Autores Contemporáneos para a súa promoción, onde tamén están dispoñibles as obras finalistas das sete edicións anteriores do Programa para a súa lectura on-line.

En anteriores convocatorias do Programa foron escollidos outros destacados creadores como Fernando Epelde, Vanesa Sotelo, Fran Godón, Roi Vidal Ponte, Ernesto Is, Paco Bezerra, Lucía Carballal, Alberto Conejero, Sergio Martínez Vila ou Lola Blasco.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ascension2019 |

Artes Escénicas no programa da Ascensión de Compostela

DonGiovanniPizzi |

Amigos da Ópera da Coruña estreará un ‘Don Giovanni’ dirixido por Carlos Saura