Até o 1 de xullo están abertas as candidaturas para a Escola de Verão para Atores 2019 que se realiza do 23 de xullo ao 2 de agosto de 2019 no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo.
Baixo o título “O poético feminino”, a quinta edición da EVA está dirixida a actores e actrices profesionais así como a estudantes de teatro que contarán cunha personalidade de recoñecido mérito artístico e académico que será responsable de guiar as diferentes áreas de investigación e creación: Laboratorio de creación (Guillermo Heras); aula maxistral (Jorge Silva Melo); Movemento (Isabel Barros); Oralidade (Jõao Henriques); Textualidade (Constança Carvalho Homem). As candidaturas son gratuítas e están abertas até o 1 de xullo a través da páxina oficial do Teatro do Noroeste-CDV.
A Escola de Verão para Atores ten un custo total de 175 euros con aloxamento incluído durante 12 noites en Viana do Castelo nunha oportunidade de formación artística en réxime de residencia aberta que se desenvolve no escenario do centenario Teatro Municipal Sá de Miranda.
A convocatoria abre 18 prazas para participantes e 50 prazas para asistentes – modalidade destinada a investigadorxs, profesorxs, xornalistas e críticxs de teatro que poderán inscribirse para acompañar os traballos.
As candidaturas poden formalizarse no seguinte formulario.