in ,

Agadic achega 60.000 euros á MIT Ribadavia, a mesma cantidade que hai dez anos

mit 2014 19 |
A Consellería de Cultura e Turismo contribúe á celebración da vindeira Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia coa achega de 60.000 euros para a levar a cabo a súa 35ª edición, a mesma cantidade que lle outorga á Mostra dende hai dez anos.

 

Este apoio económico quedou formalizado nun convenio asinado entre Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e César M. Fernández Gil, alcalde de Ribadavia, co obxectivo de afondar na promoción e potenciación do sector teatral galego a través da colaboración neste evento, do que se destaca o seu firme compromiso co sector e a súa dimensión popular e educativa.

O texto asinado sinala, así mesmo, “a longa traxectoria e o valor da MIT por ter reunido un público fiel (con máis de 17.000 visitantes e unha ocupación media do 95% en cada edición), que atende ás propostas de nomes relevantes do panorama escénico nacional e internacional e ás máis novas creacións galegas”. Tamén se fai referencia ao importante foco de atracción e de dinamización socioeconómica que supón o encontro para toda a comarca.


Publicidade

A achega da Agadic segue sendo a mesma que hai dez anos –cando tamén se asinou un convenio por valor de 60.000 euros–, sen que o recoñecemento do valor da Mostra se reflicta nun aumento do apoio económico.

En termos absolutos, a Consellaría é a administración que máis lle achega á MIT Ribadavia. Outras administracións si incrementaron as axudas que recibe a Mostra. A Deputación de Ourense case cuadriplicou nestes dez anos o seu apoio a MIT, pasando a súa achega de 9.000 a 35.000 euros nestes últimos dez anos. O Ministerio de Cultura, pola súa banda, pasou de 15.000 euros en 2009 a 40.000 no presente ano, un aumento do 266 %.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PremiosTeatroEscolar |

Premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

CarmenInger |

A Sinfónica de Galicia e a Compañía Nacional de Danza achegan ‘Carmen’ á Coruña