in

Premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

PremiosTeatroEscolar |

O Teatro Colón acolleu na noite do venres a gala de clausura e entrega de premios do XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

Un total 1.155 actores e actrices de todas as idades pasaron polos escenario do teatro do IES Calvo Sotelo representando 84 obras teatrais ao longo destes case tres meses de duración do certame.

A gala estivo presentada e conducida pola compañía Pista Catro e amenizada polo grupo musical Aló Djangó e a entrega dos diferentes premios correu a cargo do deputado Xosé Regueira e de actrices e profesionais vinculados ó mundo do teatro e o audiovisual galego.


Publicidade

Premios máis destacados

Mellor obra benxamín: El sol llega tarde. Grupo Ébano. Colexio Liceo La Paz
Mellor obra infantil: A cousa que maís doe do mundo. CEIP de Tarrío
Mellor obra cadete: Los locos de Lope de Vega. Telón de Aquiles. IES Monte das Moas
Mellor obra xuvenil: Bacantes. Noite Bohemia.
Mellor obra senior: Escenas escollidas. A Tenencia Teatro- Agrupación Instructiva de Cacamouco

Tamén se entregaron premios nas diferentes categorías aos mellores actores e actrices, á mellor actuación de reparto e á mellor dirección artística, ademáis dun premio de honra á deputada Ánxela Franco, falecida hai escasas semanas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

mitribadaviapublico |

A AAAG ofrece formación para profesionais na MIT Ribadavia e no FETEGA do Carballiño

mit 2014 19 |

Agadic achega 60.000 euros á MIT Ribadavia, a mesma cantidade que hai dez anos