in

Oleiros acolle a terceira edición de Ext-cénica esta fin de semana

|

Do 12 ao 14 de xullo terá lugar en Oleiros a terceira edición de Ext-cénica, o Festival de Artes Escénicas de Rúa. Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa dirixido a público xeral, con espectáculos para público familiar e outros para adultos.

Diferentes espazos públicos do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música, circo, danza contemporánea… que intentarán transformar espazos non convencionais ao aire libre en escenarios onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo. A terceira edición de Ext-cénica transformará as rúas de Oleiros en escenarios propicios para provocar a interacción social co público no marco dun ambiente festivo.

O Festival comezará o venres 12 de xullo, ás 19:30, na Praza Esther Pita, coa actuación de Kanbahiota e o seu espectáculo de acrobacias aéreas Triple Volante; a compañía realizará un segundo pase no mesmo lugar a las 21:30. Ás 20:15, na Praza do Castelo, terá lugar o concerto con narración de contos para as familias As parábolas de Pakolas.


Publicidade

O sábado 13, ás 20:00, na mesma praza Esther Pita, a Compañía La Mano Jueves presenta o seu espectáculo de circo e clown sobre un afamado deportista de elite, Ricki, el profesor de tenis. Ás 21:00, na Praza do Castelo, haberá un concerto de Vodoo e Lilaina.

O domigo 14, finalmente, La Nördika realiza o seu espectáculo de circo e danza Rojo estándar na Praza da Lagoa, ás 12:30. E a partir das 21:00, o Parque José Martí converterase nun escenario para a danza contemporánea: Ánxela Blanco representará Voo, a compañía Entremáns, Instante gradual, e La Macana pechará a xornada con Ven.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Kukas |

Palmarés da XXXVI Mostra De Teatro de Cangas

BernardaMalasombra |

Volven as Noites Teatrais de Vilamarín