in

Presentación de ‘O Novo Teatro Galego en Perlío’, de Francisco Oti, en Fene

OtiPerlio |

O vindeiro venres 12 de xullo de 2019, ás 20, no Local da Asociación de Veciños de Limodre (Fene), presentarase o libro O Novo Teatro Galego en Perlío: O Teatro Círculo e Tagallo, de Francisco Oti, publicado por Ediciones Invasoras. Acompañarán ao autor nesta presentación Justo Martínez Ardá e Gonzalo Rodríguez Calvo.

As décadas de 1960, 1970 e 1980 foron fundamentais para o desenvolvemento do actual sistema teatral galego; a creación de compañías e asociacións profesionais, o establecemento de circuítos de exhibición e a creación do Centro Dramático Galego determinan un antes e un despois para o noso teatro.

Os grupos afeccionados, estables e independentes tiveron unha enorme importancia no asentamento deste traballo de profesionalización, xa que, en moitos casos, serviron como plataforma de lanzamento e canteira de profesionais na nova andaina do teatro galego.


Publicidade

É o caso dos grupos Teatro Círculo de Perlio e Tagallo que desenvolveron unha actividade teatral digna de ter en conta no estudo historiográfico do teatro galego. Este traballo de Francisco Oti Ríos trata da traxectoria, repertorio, produción e incidencia social destes grupos, ademais de servir para render un xusto recoñecemento a todas as persoas que fixeron posible o asentamento do teatro profesional en Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

BernardaMalasombra |

Volven as Noites Teatrais de Vilamarín

donabarrigaverde02 |

Récord absoluto de público na XXXVI Mostra de Teatro de Cangas