in

Nace en Rianxo o Ríanclown, Festival Cómico na Rúa

Sonámbulo de Antón Coucheiro
'Sonámbulo' de Antón Coucheiro e Pistacatro.

A Cooperativa Galega de Artistas Charlatana e a Asociación Virxe do Carme de Rianxo, en colaboración co Concello e a Deputación, uníronse para impulsar o primeiro Ríanclown, Festival Cómico na Rúa, que se celebrará entre os días 12 e 15 deste mes.

O día 12 comeza o festival, na Praza de Castelao, ás 21:30, con Circo de lume de Asacocirco: emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo co público.

O 13, N+1 presentará Circanelo na Praciña, ás 12:00. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público o acompañará nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos de este pallaso que non dubida en exporse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos.


Publicidade

O domingo 14 Antón Coucheiro levará á Praza da Manuela, ás 12:00, Sonámbulo, un espectáculo que vén de ser presentado na Feria de Artistas de Rúa de Leioa. Un show de rúa a bordo dunah cama, unha comedia sen palabras, unha viaxe imaxinaria ao far west, o soño dun bufón tenro e rosmas que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas e xoga con todos os que pasan ao seu arredor. Pero quen está esperto, quen dorme e quen soña?

E o luns 14, para finalizar o festival, Peter Punk e Brais da Hortas darán un concerto punkinfantil na Praza de Castelao, ás 21:30. Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común: Un Concerto PunkInfantil.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PradioDomingo4 |

A sala Ingrávida entrega este sábado o premio Coiro de Pita

1F11236C 4B52 4AD8 A797 012CE695A213 |

Obradoiro das Residencia Paraíso na MIT Ribadavia