in ,

Obradoiro das Residencia Paraíso na MIT Ribadavia

1F11236C 4B52 4AD8 A797 012CE695A213 |

A MIT Ribadavia acolle mañá venres 12 e o sábado 13 un obradoiro coa escenógrafa madrileña Irene Cantero, dentro das Residencias Paraíso.

Esta é a primeira actividade do 35 aniversario e a primeira participación da MIT neste proxecto galego de apoio ás artes do movemento, con residencias por toda Galicia. Como peche desta residencia artística, o día 18 de xullo, dentro do Off e como previo á inauguración, haberá unha mostra aberta na propia Igrexa da Madalena ás 20:00. ​

 

Publicidade

Irene Cantero é Licenciada en Escenografía pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD) e en Coreografía polo Conservatorio Superior de Danza María de Ávila, ambos en Madrid. Recibe a Beca Danceweb-Impulstanz Viena 2013, Axudas á produción INJUVE 2014, Residencia no Centro de Danza Canal 2014 e 2015, artista residente na Real Academia de España en Roma 2016-17 e durante o ano pasado foi artista en residencia na Casa Encendida e o CA2M. Traballa regularmente co coreógrafo Daniel Abreu (Premio Nacional de Danza) e é axudante de Juan Gómez Cornejo (Premio Nacional de Teatro).

Como coreógrafa presentou as súas pezas en Matadero Madrid, Festival Internacional de Danza de Itálica, Sevilla; Festival Differenti Sensazioni, Biella; Festival Danzamos, Madrid; Real Academia de España en Roma; ou fest –Festival de artes escénicas de Sevilla–.

Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia apoiado pola AGADIC e coordinado polo Colectivo RPM. Pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación, impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das compañías consolidadas do territorio galego durante os seus períodos de creación.

Na súa terceira edición, o programa de residencias sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a través da colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais.  Este ano, a MIT Ribadavia súmase á ampla nómina de organismos e institucións que apoian e colaboraran con este proxecto de estímulo á creación, investigación e innovación en torno ás artes do movemento en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Sonámbulo de Antón Coucheiro

Nace en Rianxo o Ríanclown, Festival Cómico na Rúa

ArlequinaKukas |

Arlequina