in ,

Xacobe García gaña o Premio Platta de Teatro Breve – Portugal

TeatroSaDeMiranda2 |

Xacobe García é o gañador do I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal coa peza A importância de chamar-se António. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.

O xurado –composto por Lois Soaxe Piñeiro, Rosa María Estévez Gantes e José Da Silva Paredes, actuando de secretario con voz pero sen voto Pedro Pablo Riobó, da erregueté– valorou especialmente “a fluidez da trama ben estruturada e a sucesión de accións perfectamente articuladas que conducen inexorablemente a un final kafkiano, sempre á sombra da comedia absurda”.

Ademais da súa publicación, o texto será o material de traballo das lecturas dramatizadas en tres linguas que terán lugar en Viana do Castelo no vindeiro mes de setembro dentro do programa do Festival de Teatro Transfronteirizo.

 

O autor


Publicidade

Xacobe García estudou Administración e Dirección de empresas na Universidade de Vigo, enfocando a súa carreira profesional no ámbito do comercio internacional. Neste campo puido desenvolver o grande interese que sempre tivo polos idiomas, levándoo a vivir en São Paulo (Brasil) entre 2005 e 2009. En 2015 incorpórase ao grupo de teatro afeccionado Eu.experimento do Instituto Camões en Vigo, onde ten o seu primeiro contacto co mundo da dramaturxia.

 

O certame

O Premio PLATTA de Teatro Breve en tres linguas nace en 2019 co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran a Platta Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Federación Galega de Teatro Afeccionado, Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e erregueté). O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio PLATTA de Teatro Breve – de Castilla y León (castelán), I Premio PLATTA de Teatro Breve – Galicia (galego), I Prémio PLATTA de Peças Curtas de Teatro – Portugal (portugués). Este texto será o terceiro da colección PLATTA de teatro breve editada pola erregueté, e cofinanciada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MorrisLeituga |

Antonio Durán ‘Morris’ recibe o Premio Rebulir na categoría de Artes Escénicas

feelings |

Janet Novás estreará novo espectáculo en Madrid en agosto