in

Janet Novás estreará novo espectáculo en Madrid en agosto

feelings |

A estrea da nova obra de Janet Novás, Imaginé cinco cuerpos y ninguno era el mío, terá lugar os días 22 e 23 de agosto, ás 21:30, no Pabellón de Cristal da Casa de Campo de Madrid.

Trátase dunha peza en colaboración coas deseñadoras Zap&Buj e producida por Veranos de la Villa de Madrid. Creado por Janet Novás, o espectáculo está interpretado por Raquel Gualtero, Candela Capitán, Laila Tafur, Victoria Martín e a propia Novás.

Imaginé cinco cuerpos y ninguno era el mío é unha creación escénica con cinco bailarinas que xorde da colaboración entre Janet Novás e as deseñadoras de moda Zap&Buj. Elas, que entenden a arquitectura e a moda como peles que envolven o noso corpo, construirán no Pabellón de Cristal da Casa de Campo unha especie de bosque do futuro con materiais rescatados da contorna urbana para que eses cinco corpos o transiten e o habiten durante un tempo: o corpo biolóxico en relación co corpo urbano, o vivo en relación co inerte, a pel en relación coa tecnoloxía, a paisaxe e a arquitectura.

Publicidade

ZAP&BUJ é a marca das arquitectas e deseñadoras Elena Zapico e Raquel Buj, que traballan na intersección entre a arquitectura, a moda e a tecnoloxía, experimentando con novos materiais e ferramentas dixitales.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroSaDeMiranda2 |

Xacobe García gaña o Premio Platta de Teatro Breve – Portugal

EnciclopediaAlvarezOllomao |

Comezan as XIX Veladas no Souto de Cervo