in ,

Comezan as XIX Veladas no Souto de Cervo

EnciclopediaAlvarezOllomao |

A partir de hoxe, desenvólvese en Cervo á 19ª edición das Veladas no Souto, un xa clásico ciclo de teatro amador que organiza o grupo O Bordelo e que amenizará as noites da vila mariñá. Durante catro días, sempre as 21:30, os asistentes poderán gozar do seguinte programa:

O xoves 1 de agosto, o grupo de teatro Ollomao de Barreiros poñerá en escena Enciclopedia Álvarez, dirixida por Ramón Casas Oroza.

O venres 2, o grupo Ardora de San Cibrao representará O silencio do Badal, de Francisco Piñeiro, dirixida por María Paz Rodríguez Silva.

O sábado 3, os asturianos de Baluarte Teatro levarán a Cervo El crédito, de Jordi Galcerán, dirixida por Belén Álvarez.


Publicidade

inalmente, o domingo 4, O Bordelo de Cervo pechará o ciclo con Toluras de proveito, de Francisco Piñeiro González, dirixida polo autor.

As entradas para todas as funcións son de balde.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

feelings |

Janet Novás estreará novo espectáculo en Madrid en agosto

CartelDAIMONMatarile |

Matarile volve ao gran formato