Antonio Durán ‘Morris’ vén de recibir o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas. O xurado, reunido onte, decidiu por outorgar o galardón ao actor considerando a súa “contribución á cultura galega dende o teatro e o audiovisual”.
Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás. Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este premio é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.
Ademais de Morris, Rosa Cedrón recibiu o Premio na categoría deMúsica Galega e a Coral de Ruada, que fai cen anos neste 2019, o Premio Homenaxe.
A entrega dos premios faise en Ramirás, no marco da Gala central do Festival Internacional Rebulir. Na presente edición esta celebración terá lugar o 21 de Decembro.
Foto: Antonio Durán Morris en A leituga, de Eme2.
- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



