in

Os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo de Lugo

MicroefectosSetembro2019 |

Despois de tres meses desde a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan co microteatro ao Clube Clavicémbalo. Os pases terán lugar o xoves 5 e o venres 6 en horario de 20.30 e 22.30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas: FIV, Turismo ridículo, Youtuber e O suín do Bargueiras.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.


Publicidade

O equipo artístico das propostas desta nova sesión dos Microefectos está formado por:

  • FIV, de Anxo Manoel e Isa Herrero. Dirección: Anxo Manoel. Interpretación: Isa Herrero, Anxo Manoel e Conchi Madrina.
  • Turismo ridículo, de Elvira Velasco. Dirección: Elvira Velasco. Interpretación: María Grandío, Brian Rodríguez, Raquel López, Conchi Madrina e Elvira Velasco.
  • Youtuber, de Raquel López. Dirección: Raquel López. Interpretación de Conchi Madrina, Anxo Manoel e Elvira Velasco.
  • O suín do Bargueiras, de Lois Pérez. Dirección de Anxo Manoel. Interpretación: María Grandío, Brais García, Brian Rodríguez, Raquel López e Anxo Manoel.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1040D635 9E74 47D2 924E 88D4D395E3C9 |

Nuria Espert abre o programa do Teatro Principal de Ourense

Bernarda11 |

‘Bernarda’ e ‘A nena e o grilo máis aló’, Premios do Público da Mostra de Cariño 2019