in ,

‘Bernarda’ e ‘A nena e o grilo máis aló’, Premios do Público da Mostra de Cariño 2019

Bernarda11 |

O público escolleu ás súas obras favoritas da XLI Mostra de Teatro Galego de Cariño. Bernarda (Vilalba, 1975) de Malasombra Producións foi a máis votada entre o público adulto en horario nocturno mentres que A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos foi a preferida polo público infantil en horario matinal. Os premios serán entregados ao comezo da Mostra do próximo ano, en 2020, durante a súa cadraxésimo segunda edición.

Escrita e dirixida por José Prieto, Bernarda (Vilalba, 1975) é un espectáculo interpretado polas actrices Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja que narra a historia dunha muller que queda viúva no mesmo día no que morre Franco. Con unha historia próxima, comprensible e universal, Bernarda ofrece un choque xeracional que, como sucede na vida, por momentos fai chorar e noutras rir porque ata nas situacións estremas xorde o riso como unha necesidade de liberación ata acadar o que a propia compañía chama un humor de tanatorio ou riso de funeral, que atravesa toda a peza.


Publicidade

Pola súa parte, A nena e o grilo máis aló é un musical infantil que nos achega á a unha divertida aventura na procura das cousas máis insólitas da man do elenco formado por Pepablo Patiño, Montse Piñón, Jorge Casas, Magín (guitarra e voz) e Cristian Legiero (teclados). Unha evocadora historia que transporta ao seu público a un mundo alén da vida.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MicroefectosSetembro2019 |

Os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo de Lugo

EntreSoñosFranSieira |

Vigocultura presenta a súa programación para outubro e novembro