Despois de tres meses desde a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan co microteatro ao Clube Clavicémbalo. Os pases terán lugar o xoves 5 e o venres 6 en horario de 20.30 e 22.30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas: FIV, Turismo ridículo, Youtuber e O suín do Bargueiras.
O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
O equipo artístico das propostas desta nova sesión dos Microefectos está formado por:
- FIV, de Anxo Manoel e Isa Herrero. Dirección: Anxo Manoel. Interpretación: Isa Herrero, Anxo Manoel e Conchi Madrina.
- Turismo ridículo, de Elvira Velasco. Dirección: Elvira Velasco. Interpretación: María Grandío, Brian Rodríguez, Raquel López, Conchi Madrina e Elvira Velasco.
- Youtuber, de Raquel López. Dirección: Raquel López. Interpretación de Conchi Madrina, Anxo Manoel e Elvira Velasco.
- O suín do Bargueiras, de Lois Pérez. Dirección de Anxo Manoel. Interpretación: María Grandío, Brais García, Brian Rodríguez, Raquel López e Anxo Manoel.
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



