in

Nuria Espert abre o programa do Teatro Principal de Ourense

1040D635 9E74 47D2 924E 88D4D395E3C9 |

O Teatro Principal de Ourense anunciou onte a súa programación cuadrimestral, que inclúe, ata finais de decembro, variadas propostas de teatro e danza.

A obra Romancero gitano, protagonizada por Núria Espert e dirixida por Lluis Pasqual, inaugurará o próximo 19 de setembro, ás 21:00, a programación.

Tamén en setembro subirán ao escenario os actores da aula de Teatro Universitario de Ourense `Maricastaña` coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse (dia 25).

En outubro será a quenda de La golondrina, unha obra de Guillem Clua e dirixida por Josep María Mestres; unha montaxe inspirada directamente no ataque terrorista do bar Pulse de Orlando (EE.UU.) en xuño de 2016 e que se pregunta que é o que nos fai humanos; e Chicas y chicos, versión en castelán da última obra de Dennis Kelly, unha produción de El Sol de York.

En novembro representaranse La Culpa, de David Mamet, protagonizada por Carmen Maura (día 3); Jon Braun, unha obra de monicreques de Anita Maravillas Teatro (día 16); a versión teatral da película de Federico Fellini La Strada (24 de novembro), baixo a dirección escénica de Mario Gas; e Comedia Aquilana, unha comedia renacentista musical dirixida por Ana Zamora (día 30).


Publicidade

Decembro pechará coa comedia Todas hieren y una mata de Ay Teatro (5 de decembro), Casa O’Rei de Ibuprofeno Teatro (14 de decembro) e a adaptación de Luces de Bohemia polo Teatro Clásico de Sevilla (21 de decembro).

A oferta cultural tamén conta co espectáculo de danza  Growing young,  no que catro recoñecidos coreógrafos afincados en Holanda, Escocia e Italia asinan catro pezas, unha secuencia de instantáneas que retrata as relacións humanas: Une de Janis Claxton DanceBase (Escocia); Lead, de Daniele Ninarello Piemonte dal Vivo (Italia); Prelude to a wasted tear, de Itzik Galili; e Youth, de Wubkje Kuindersma.

Xunto con estes espectáculos e xa nas vacacións de Nadal, terán lugar outras citas dirixidas especialmente ao público familiar dentro da Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI): OhLimpiadas de Cía. Sincronacidas (26 de decembro), O rexurdir da luz de A Gramola Gominola (27 de decembro), Zapatos de Caramuxo Teatro (28 de decembro) e A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco (30 de decembro).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

barracaBarrigaVerde |

Titirideza 2019 homenaxea o teatro de barraca

MicroefectosSetembro2019 |

Os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo de Lugo