O ciclo Circo na rúa volve a Lalín os días 7, 8 e 9 de agosto Todas as actuacións celebraranse ás 20:30. O día 7, na Praza da Biblioteca, Teatro Ghazafellos representará As mil e unha noites, unha reinterpretación feita desde o humor dos relatos da compilación oriental. O público é convidado a sentar […]
Etiqueta: Ghazafellos
Narón programa unha decena de espectáculos para público familiar de setembro a decembro
As entradas para os espectáculos desta oferta cultural, dirixida a público infantil, xuvenil e familiar, están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade da programación dos espectáculos que se poderán ver entre os meses de setembro e […]
Obradoiro de teatro infantil online a cargo de Teatro Ghazafellos
Teatro Ghazafellos ofrece un obradoiro de teatro infantil online o vindeiro día 14, a partir das 17:00, dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes. Dentro do programa #Afundacionencasa de Afundación, a compañía Teatro Ghazafellos impartirá un obradoiro de teatro infantil. Pepablo Patiño e Montse Piñón desenvolverán pílulas teatrais […]
Presentación de ‘Nana para un soldado’, de Pepablo Patinho, en Narón
Este xoves 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar da paz e non violencia coincidindo coa data do pasamento de Mahatma Gandhi en 1948. Esta celebración ten por obxectivo a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. Os centros educativos de todos os niveis convértense así en instrumentos para […]
Esta semana comeza en Ourense a Mostra de Teatro Infantil, a MOTI
A XVI edición da Mostra comeza o sábado e contará con 14 compañías e 16 funcións. Catorce compañías e 16 representacións en seis días de actividade son as cifras coas que se presenta este ano a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti). Cun anticipo de teatro de rúa, o sábado 21 de decembro, […]
‘Bernarda’ e ‘A nena e o grilo máis aló’, Premios do Público da Mostra de Cariño 2019
O público escolleu ás súas obras favoritas da XLI Mostra de Teatro Galego de Cariño. Bernarda (Vilalba, 1975) de Malasombra Producións foi a máis votada entre o público adulto en horario nocturno mentres que A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos foi a preferida polo público infantil en horario […]
Xa se coñece a programación teatral do Pazo da Cultura de Narón para o outono
Os actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, coa comedia Unha noite na praia, abrirán en setembro un amplo abano de espectáculos para todos os públicos que traerán ao Pazo da Cultura de Narón. O Padroado da Cultura retomará o venres, día 13 de setembro, a programación cultural do Pazo que se desenvolverá nos catro […]
Dezasete espectáculos na Mostra de Cariño
Dezasete espectáculos constitúen o programa da 41ª edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño, que se desenvolverá entre o 16 e o 22 de agosto. A Mostra comezará o venres 16 cun espectáculo de animación de rúa a cargo de Barafunda Animación, Percebes de Ortegal, que percorrerá diferentes puntos da vila. Ás 21:00, […]
Ciclo de teatro, música e maxia para familias en Pontevedra
Hoxe comeza en Pontevedra un ciclo de actuacións de teatro, música e maxia para público familiar. A praza do Teucro será o escenario de cinco espectáculos, que terán lugar de luns a venres, ás 19:30. O ciclo comeza este luns día 8 co espectáculo Os romeiros do caracol, da compañía Fantoches Baj, a historia duns […]
O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle hoxe a gala dos Premios María Casares
Doce espectáculos finalistas compiten polos Premios María Casares. Commedia, de Contraproducións, conta cun total de 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, aspira a 7 galardóns, e A leituga, de Emedous, opta a facerse con 5 trofeos Os XXIII Premios de Teatro María Casares celebran hoxe xoves 21 de marzo no Teatro […]
‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares
Commedia, de Contraproducións, con 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, con 7, e A leituga, de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas. Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala […]
Volve o programa “12 doces do outono” á Rede de Centros Cívicos de Compostela
A Rede de Centros Cívicos de Compostela pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, o programa “12 doces do outono”. Trátase dunha aposta pola programación familiar, que xunta os espectaculos de artes escénicas coa gastronomía propia da estación. Como ven sendo habitual, as actividades desenvolveranse os domingos, en horario de mañá e tarde. Doce […]
Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos estrean ‘A nena e o grilo máis aló’ en Narón
O Pazo da Cultura do concello de Narón acolle o vindeiro 28 de outubro, ás 18:00, a estrea do novo espectáculo de Magín Blanco con Teatro Ghazafelhos: A nena e o grilo máis aló. A Nena e o Grilo é un proxecto musical de Magín Blanco que comeza xa hai uns anos co álbum O […]
Oito espectáculos conforman o programa de outono de Tui
Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada onte no propio teatro. Unha actividade que mantén a aposta de calidade, variedade, estabilidade e continuidade marcada ao longo dos últimos anos. Este traballo ten dado coma froito converter a este espazo escénico – que o pasado mes de abril […]
Arrinca a 40ª Mostra de Teatro Galego de Cariño
Este sábado 11 de agosto comeza a XL Mostra de Teatro Galego de Cariño cun programa que se desenvolverá até o venres 17. Dezasete compañías conforman o cartel que conta con seis espectáculos de rúa, diferentes actuacións de programación infantil en horario matinal e cinco funcións nocturnas no Auditorio Municipal. No seu corenta aniversario, a Mostra […]
Narón anuncia a súa programación para o último cuadrimestre
Vintedous espectáculos conforman a programación do Concello de Narón para o próximo outono. Do 15 de setembro ao 22 de decembro, diferentes propostas de música e artes escénicas para todos os públicos pasarán polo Pazo da Cultura de Narón O sábado 15 de setembro, o Pazo da Cultura acollerá Cranios Privilexiados ou crítica da razón […]
Semana de teatro para familias en Pontevedra
A partir de hoxe, chega a Pontevedra un ciclo de seis actuacións de música, maxia e teatro para público familiar, dentro da programación do programa Cultura non Camiño, que promove a Xunta de Galicia. A praza do Teucro será o escenario de seis espectáculos, que terán lugar de luns a sábado, ás 19:30. O ciclo comeza […]
Festa do Teatro no Principal de Compostela
As festas da Ascensión de Compostela levan unha programación especial para público infantil e familiar ao Teatro Principal. Entre o sábado 12 e o domingo 13 de maio, doce pezas de microteatro e tres concertos encherán de fantasía, música e risos os distintos espazos do Teatro Principal de Compostela. Numerosas compañías e artistas do […]
Arranca no Ferrol ‘Teatro con G’ con dez obras de Teatro Escolar e Profesional
O Concello de Ferrol, a través da área Educación, e Coordinadora de Equipas de Normalización organiza unha nova edición de Teatro con G, cun programa de teatro en galego que combina catro grupos profesionais e seis escolares. O programa de teatro terá como escenarios o Jofre, o centro Carvalho Calero e o CEE Terra de Ferrol […]
3, 2, 1…
Cara a vida… e máis alá! | Roi Vidal Ponte | No teatro infantil, ese que ninguén di que sexa para toda a familia aínda que ás veces sirva mesmo para persoas solteiras, parece que collen todas as cousas que o outro, o chamado “de adultos”, desbota e non quere para si. Cousas […]