in

Ciclo de teatro, música e maxia para familias en Pontevedra

Codigo DaniGarcia |

Hoxe comeza en Pontevedra un ciclo de actuacións de teatro, música e maxia para público familiar. A praza do Teucro será o escenario de cinco espectáculos, que terán lugar de luns a venres, ás 19:30.

O ciclo comeza este luns día 8 co espectáculo Os romeiros do caracol, da compañía Fantoches Baj, a historia duns romeiros que viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de tiíteres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés de Teixido.

O martes 9, a compañía Ghazafellos presentará o espectáculo A illa sen tesouro. Apoiados nunha Escenografía dinamica que se transforma nun meson, nun barco, nuha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas. Música, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.

O mércores 10, terá lugar o concerto de A Banda das Apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia. As músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo disfrutando con esta Banda das Apertas.


Publicidade

O xoves 11, actuarán Rilo & Penadique, unha compañía de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Narran, cantan e musican historias, contos escoitados nalgún lugar, escritas nalgún libro, nacidos dende algún lugar do ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a espectáculos de narración oral para crianzas e familias.

Finalmente, o venres 12 será a quenda da maxia con Código, do Mago Dani, un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Pistacatro na MIT |

Pistacatro recibe o Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” da MIT Ribadavia

Kukas |

Palmarés da XXXVI Mostra De Teatro de Cangas