in

Obradoiro de teatro infantil online a cargo de Teatro Ghazafellos

Ghazafellos Rubicundo
Teatro Ghazafellos ofrece un obradoiro de teatro infantil online o vindeiro día 14, a partir das 17:00, dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes.

 

Dentro do programa #Afundacionencasa de Afundación, a compañía Teatro Ghazafellos impartirá un obradoiro de teatro infantil. Pepablo Patiño e Montse Piñón desenvolverán pílulas teatrais en formato de obradoiro online. Nelas propoñerán xogos e actividades vinculadas coa acción teatral e dirixidas a nenas e nenos a partir dos 3 anos e persoas adultas acompañantes.

Nos obradoiros faranse pequenos xogos de quecemento, propostas de imitación ou mímica e a montaxe de pequenas historias. A continuación construirán personaxes a partir de partes do corpo ou mesmo animais. E, por suposto, estarán atentos ao que os espectadores propoñan ou pregunten. A inscrición é gratuíta.


Publicidade

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos está formada por Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que sorprende con cada producción, mesturando xéneros, tratando temas variados e levándonos a mundos cheos de maxia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Paula Carballeira

No confín de… Paula Carballeira

Roberto Leal

No confín de… Roberto Leal