in

O Circo na Rúa volve a Lalín

GhazafellosMilEUnhaNoites |
O ciclo Circo na rúa volve a Lalín os días 7, 8 e 9 de agosto Todas as actuacións celebraranse ás 20:30.

 

O día 7, na Praza da Biblioteca, Teatro Ghazafellos representará As mil e unha noites, unha reinterpretación feita desde o humor dos relatos da compilación oriental. O público é convidado a sentar arredor dun carromato por uns xenios zancudos. A través dunha sorprendente escenografía, e dun ambiente máxico de teas, coxíns, incenso… un narrador introdúcenos nunha historia capaz de nos transportar á antiga Persia pero… faltan personaxes para tan poucos actores, así que precisarán da participación activa do público para lograr contar as historias.

O día 8, na Praza de Galicia, Circo Chosco representa Chosco Voando, un espectáculo case sen fala e para todo tipo de público, que ten como resultado unha obra cómica con acrobacia, malabar e técnicas de portés e equilibrios, na que o público se unirá ao dúo de artistas na emoción e na gargallada.


Publicidade

Finalmente, o día 9, na Praza da Igrexa, Inventi Teatro fecha este ciclo de circo na rúa con A gran viaxe. A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesareo para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado. A gran viaxe é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ViravoltaPeDaCama |

Narón programa unha decena de espectáculos para público familiar de setembro a decembro

Titirircircus |

A Cidade da Cultura programa un ‘Agosto monicrequeiro’