in

‘A Barraca Camiño a Compostela’ de Títeres Cachirulo chega a Compostela

CachiruloBarracaCamiño |

Títeres Cachirulo chegará hoxe, martes 10, a Compostela, completando así o seu itinerario polo Camiño Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro a Santiago, A Barraca pasou tamén por Melide, Paradela, Portomarín, Triacastela, Palas de rei, Samos, Monterroso, O Pino, Sarria e Arzúa facendo as ledicias de maiores e pequenos co espectáculo Camiño de aventuras con máis de 30 personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago.

Ao remate da función haberá un taller de construción de bonecos para un grupo máximo de 25 nenas e nenos, que se terán que inscribir no mesmo lugar da función antes do comezo da mesma.

As representacións de A Barraca Camiño a Compostela pechan así o seu ciclo pero aínda quedan exposicións que se poden visitar no Centro Socio Cultural Luis Seoane de O Pino e proximamente tamén en Arzúa e Sarria.


Publicidade

A Barraca ademais presentará o documental A Barraca polo Camiño, que se exhibirá na Fundación SGAE, xunto cunha exposición que reunirá todos os materiais desta ruta, en Santiago de Compostela, do 1 de Outubro ao 31 de Decembro de 2019.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fiotm2 2019 |

Obras gañadoras do III Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT

OasisParaiso2019 |

Oasis Paraíso abre a tempada de outono do TRCDanza 2019