in

Oasis Paraíso abre a tempada de outono do TRCDanza 2019

OasisParaiso2019 |
O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 20:30, no Teatro Rosalía de Castro, comeza a temporada de outono de TRC Danza, cun programa triplo a cargo de ArtesaCía., Marco Antonio Regueiro e Gena Baamonde.

 

Por segundo ano consecutivo, o proxecto TRCDanza abre a ventá Oasis Paraíso, cun programa triplo composto por distintos traballos que foron desenvoltos durante o programa de Residencias Paraiso 2018, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio do AGADIC.

A velada comezará con Illas desertas da compañía ArtesaCía. Unha peza que explora a idea da perda do obxectivo, da falta de destino, a través do contacto con homes e mulleres nos que só queda o xesto difuso dunha meta, dun mecanismo socioeconómico que esmorece na súa corporalidade. Como é habitual nesta compañía, composta pola actriz Laura Villaverde e o artista visual Roi Fernández, é unha proposta escénica transmedia. A narrativa do movemento escénico se mestura con videomapping interactivo sobre grandes retratos de camiñantes á deriva.

Publicidade

Coa conferencia arredor do traballo Sobre o concepto do tempo, Marco Antonio Regueiro toma o relevo da noite. A súa investigación inspírase no rito arcaico da danza do abellón, una danza funeraria na que os asistentes, tomándose das mans, xiraban ao redor do caixón imitando o zunido dunha abella para preparar a alma do falecido para a súa viaxe ultramundana. Coreógrafo e dramaturgo, o seu traballo está baseado no pictorialismo renacentista, o significado da paixón e a revalorización da in-acción diante a potencialidade da beleza para representar o lugar que a memoria ocupa na sociedade contemporánea.

Para rematar este programa triplo, Gena Baamonde presenta Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Un proxecto de investigación activa e desleal en formato desbordado ao redor da lectura escénica dos corpos sexuados. Bastardía disciplinar que parte da conferencia-performance coma linguaxe de exploración inicial para aunar investigación teórica e práctica corporal. Esta proposta xorde da necesidade de expandir, de acompañar, de traducir á linguaxe escénica o proceso de investigación académica “Sexualidades Des-Xeneradas na Práctica Escénica Contemporánea” no que a autora leva inmersa nos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CachiruloBarracaCamiño |

‘A Barraca Camiño a Compostela’ de Títeres Cachirulo chega a Compostela

LixoBaulTiaTola |

O programa para bebés regresa ao Auditorio de Ourense