in

Presentados os proxectos da segunda edición das Residencias Paraíso

Residencias paraíso

O Colectivo RPM chega ao remate da segunda edición do programa Residencias Paraíso, que organiza co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), cun encontro en Santiago durante o que se presentaron os nove procesos artísticos impulsados este ano. A xornada, que se desenvolveu
durante todo o día de onte no Centro Sociocultural Santa Marta, incluíu tamén varios bloques de conversa e reflexión arredor de diferentes temas que afectan a investigación e a creación no ámbito das artes do movemento.

Os proxectos desta segunda edición, seleccionados por unha comisión artística independente, foron Método negro, de Javier Martín, quen traballou no da Coruña; Lo que sigue, de Cris Balboa, na Sala Agustín Magán de Santiago; Voo, de Ánxela Blanco, na Fundación Luís Seoane da Coruña; Sobre o concepto do tempo, de Marco Antonio Regueiro Fariña, no Auditorio Municipal de Ourense; LVZ, de Luz Prado, no Teatro Rosalía Castro da Coruña; Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de Gena Baamonde, no Vello Cárcere de Lugo; Fío, de e Montse Piñeiro, na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Status, de Federico Vladimir Strate Pezdirc e Pablo Esbert Lilienfeld, no Pazo da Cultura de Carballo; e Illas desertas, de Laura Villaverdes e Roi Fernández, no Pazo da Cultura de Narón.

Ademais da presentación pública do traballo resultante das nove estadías, o programa deste Encontro Residencias Paraíso 2018 está a abrirse ao debate e a reflexión a través de varios bloques nos que se abordan temas como a convivencia, a creación sostible e a circulación artística.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Salvador06

    Nace o FestAlegre en Compostela

    XornadasEG2018

    Xornadas profesionais de Escena Galega no Culturgal: momento de oportunidades (se nos deixan)