O actor Toño Casais recibiu onte a alta hospitalaria e xa está no seu domicilio. Segundo os seus compañeiros de Talía Teatro, Casais “atópase ben”, malia que aínda acusa os golpes da caída e ten algúns problemas de audición.
Toño casais tivo que ser evacuado de emerxencia, en helicóptero, o pasado sábado 7 de setembro, despois de sufrir unha caída en Muxía, durante a montaxe da función de Talía Teatro, Vida de cans. Foi ingresado na UCI do CHUAC da Coruña cun traumatismo cranioencefálico con prognóstico grave, mais a súa evolución foi moi favorable.
Durante os días que seguiron ao accidente, sucedéronse as mostras de preocupación e de afecto a través de Internet e das redes sociais, así como mensaxes de apoio e de a Casais e aos seus compañeiros.
A compañía Talía Teatro, fixo pública unha mensaxe de agradecemento polo interese mostrado pola saúde do seu compañeiro e precisan que agora “precisa repouso” e que, daquela, é aconsellable que non reciba moitas chamadas nin visitas.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



