in

Catro espectáculos e un obradoiro no VI Festival Monecadas de Brión

MarionetasDaFeira |

O VI Festival Monecadas, organizado por Titeriteiros da Comarca e o Concello de Brión, volve á Carballeira de Santa Minia. Nesta edición estará composto por catro funcións e un obradoiro de monicreques entre hoxe, día 20, e o 22 de setembro.

Este ano, o festival contará con grupos de Galicia, Portugal, Italia e Francia, buscando ofrecerlles novas propostas culturais aos centos de nenos/as e maiores que participan nas actuacións.

O programa comeza hoxe venres 20 de setembro, ás 19:30, con Circo de marionetas da compañía portuguesa Marionetas da Feira, no que o público verá como simples obxectos cotiás rematan convertidos nun circo. Para o sábado 21 de setembro están programadas dúas funcións: ás 13:00 El barrendero, de Mad Compass Theatre, e ás 13:45, Limpiabotas, de Nino & Mambrú, unha divertida obra de 30 minutos, coa técnica de media máscara, sobre distintas técnica de limpeza do calzado.


Publicidade

Finalmente, e coincidindo coa II Feira Labrega de Brión, o domingo 22 de setembro terá lugar ás 12:00 horas un obradoiro de monicreques da man de A Xanela do Maxín. Ás 13:00 horas, Raquel Queizás pechará o VI Festival Monecadas de Brión con Travesías, un espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques dirixido a nenos e nenas a partir de 30 anos.

En caso de choiva, as actuacións trasladaríanse á sala municipal de exposicións. En ambos casos, a entrada será libre e de balde.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

matarileinvisible1 |

Matarile ofrece unha retrospectiva dentro do Festival de Otoño de Madrid

ChévereEquipoTeo |

Xesús Ron: “O teatro é sempre o máis vulnerable porque segue sendo unha arte popular”