in

Matarile ofrece unha retrospectiva dentro do Festival de Otoño de Madrid

matarileinvisible1 |

O 37º Festival de Otoño de Madrid acollerá durante o mes de novembro tres obras de Matarile. Los limones la nieve y todo lo demás (o 20 e 21 de novembro), Daimon y la jodida lógica (o 23 e 24 de novembro) e Teatro invisible (o 30 de novembro e o 1 de decembro) son os tres espectáculos que se poderán ver no Teatro de la Abadía. De igual modo, o Festival programa dous encontros arredor da compañía: un con Ana Vallés no restaurante El Comunista; o outro, a tres bandas, coas compañías Mal Pelo, El Canto de la Cabra e Matarile.

A cita madrileña inclúese dentro da xira de outono que prepara a compañía que, despois da estrea en Vigo do seu último espectáculo Daimon y la jodida lógica, recala en Salamanca esta fin de semana. O dúo de artes vivas Los limones, la nieve y todo lo demás é a peza que se presenta o sábado 21 de setembro ás 22.00 horas na praza do Concilio de Trento con motivo da celebración da Noite do Patrimonio que se realiza en colaboración co grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Por outra parte, esta peza co-dirixida e co-protagonizada por Ana Vallés e Mónica García chegará a Santiago o 19 de outubro para celebrar o 30 aniversario do Auditorio de Galicia e ao Teatro Rosalía de Castro o 31 de outubro dentro do circuíto Danza a Escena, antes de desembarcar en Madrid no mes de novembro e en decembro en San Sebastián. De igual modo, Daimon y la jodida lógica pisará Euskadi o 10 de outubro, dentro da programación do Alhóndiga Bilbao.


Publicidade

Dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño, Matarile Teatro é unha compañía con unha traxectoria de 33 anos dedicados á creación dun teatro caracterizado pola innovación dentro das artes escénicas contemporáneas. Na súa creación combinan distintas linguaxes en colaboración con artistas de distintas procedencias e traxectorias artísticas, e buscando a excelencia na calidade artística e técnica da súa posta en escena.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ChevereMacara |

Chévere deixa de ser compañía residente en Teo

MarionetasDaFeira |

Catro espectáculos e un obradoiro no VI Festival Monecadas de Brión