in

Chévere deixa de ser compañía residente en Teo

ChevereMacara |

«Isto non é unha despedida. Despois de varios anos traballando no concello de Teo, Chévere deixará de facelo definitivamente neste mes de setembro. Para nós foron anos de traballo moi intenso e de implicación total nun concello que non era o noso, pero que nos acolleu cos brazos abertos. Aquí atopamos persoas, iniciativas e proxectos que merecen todo o noso respecto e recoñecemento. Marchámonos sentíndonos para sempre parte deste territorio. E non podemos marchar sen despedirnos agradecendo o voso acompañamento e colaboración, que foi fundamental para nós. Grazas!».

Con esta mensaxe despedíase a compañía Chévere –nunha carta enviada ás distintas entidades e asociacións coas que colabora– do municipio de Teo, onde foi acollido en 2012 e onde se converteron en compañía residente a partir de 2016, a través dun concurso público.

Chévere, que recibiu o Premio Nacional de Teatro en 2014 –durante o período en que traballou en Teo– esperaba unha nova convocatoria do Concello para revalidar a súa condición de compañía residente, pero o novo consistorio decidiu non convocar ese concurso. Segundo a compañía “a finais do mes de agosto, a nova responsable da área de Cultura do Concello comunicounos que, de momento, non ten previsto convocar o novo concurso, dándonos un par de semanas de prazo para que sacásemos as dotacións técnicas do auditorio municipal, que son de Chévere, e o resto do material da compañía”.

Publicidade

A compañía lamenta as formas, “non foi posible sequera organizar un acto público de despedida, así que non parece doado que volvamos ver en Teo unha estrea de Chévere ou unha Ultranoite”, e láiase pola oportunidade perdida para o sector: “Para nós, e para o sector cultural galego, ver desaparecer unha convocatoria pública innovadora, que contribuíu a trasparentar as relacións entre as empresas culturais e a administración, e que foi unha referencia en todo o Estado español, significa unha oportunidade menos de traballar”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Get Back porta aberta |

Viana do Castelo acolle o II Festival Transfronteirizo de Teatro Amador

matarileinvisible1 |

Matarile ofrece unha retrospectiva dentro do Festival de Otoño de Madrid