in ,

Comezou a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón do Carballiño

TirulequeMaitrePathelin |

Onte, sábado 5 de outubro, coa obra A farsa de Maitre Pathelin a cargo de Tiruleque Grupo de Teatro,comezou a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón no Carballiño, que ocupará todas as fins de semana do Auditorio Manuel María.

Con esta peza do século XV, que o grupo carballiñés estreou hai quince días no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, Tiruleque leva a escena a vella loita entre ricos e pobres, a do burlador burlado, e que a necesidade agudiza o enxeño. A peza inicial de ao redor de 1457, conta con cinco personaxes no orixinal, pero foi adaptada para Tiruleque co engadido de catro personaxes máis cun texto singular.

A representación, que se reporá hoxe, domingo día 6, ten un prezo de 5 €. As entradas estarán á disposición do público a partir das sete da tarde -de calquera dos dous días- no despacho de billetes do Auditorio.


Publicidade

O festival contará coa participación doutras cinco compañías. O 12 de outubro será a quenda da agrupación Sangue de Dragón (Narón, A Coruña) coa obra Algo pasa con Paco. O 19 de outubro actuará Namarella (Verín) coa obra W.C. (O baño). O 20 de outubro tocaralle a La Barata Producións (Santiago de Compostela) coa obra Solo de Triángulo. O 26 de outubro estará a Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos, A Coruña) coa obra Insania. E, como remate, actuará Porta Aberta (Vigo) coa obra Estraños Hábitos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MortedeDantonCardoso2 |

A morte de Danton

CamiñoEscenaNorte |

Carballo acolle Escena Norte Idea, unha xornada de reflexión sobre artes escénicas e interculturalidade