in

Xira de ‘Mercedes máis eu’, de Janet Novás e Mercedes Peón

JanetNovasMercedesmaiseu |

Mercedes máis eu, un espectáculo de Janet Novás en colaboración con Mercedes Peón, viaxa a Manresa, Sevilla, Bremen e Compostela nos meses de outubro e novembro. O día 12 de outubro estará na Fira Mediterranea de Manresa; o 19, no Audacia Festival das Artes e do Emprendemento de Santiago de Compostela; e o 26, no “España Baila” de Bremen, Alemaña. Xa en novembro, os días 8 e 9, o espectáculo viaxará ao Teatro Central de Sevilla, na celebración do Mes da Danza.

Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre “a súa danza e a súa música”, xorde a necesidade e o desexo de afondar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de “estudo” da devandita relación.


Publicidade

Deste xeito, entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comenzan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns deles de gran contido socio-político: identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva, xénero… e subxacen na maior parte dos materiais, desde os “obxectos” musicais aos dancísticos ou biográficos. Outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas: transo, enerxía, vibración… e aparecen nos pulsos, os ritmos e os tons, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

VoadoraHemosVenidoADarloTodo2 |

O FITO Ourense celebrará unha “edición de resistencia”

acarteiradeaugasclaras |

Comeza o XXIV Festival Internacional Galicreques