in

Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia

AlejandraBalboa |

Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia -dentro da programación do Festival Catropezas-, comisariado por Sólodos coa colaboración de Galicia Danza Contemporánea. Terá lugar os días 25, 26 e 27 de outubro.

As compañías participantes de creadoras galegas foron seleccionadas como finalistas nas pasadas edicións do Festival Sólodos En Danza que se celebra en Ourense desde 2016 no mes de novembro, dentro do programa do seu Certame de Creación de Dúos e Solos.

SóLODOS En Danza é un Festival e Certame de Creación de Dúos e Solos de danza contemporánea que se celebra en dous continentes. O Festival traballa como unha plataforma que favorece e apoia o intercambio e cooperación entre proxectos socioculturais en Europa e América.

Ambos Festivais a cada lado do Atlántico funcionan como unha ponte que permite o encontro e a mobilidade de artistas europeos e americanos, facilitando proxectos artísticos, residencias de creación, colaboración e a visibilidade de novas creadoras a través do seu Certame de Creación.

 

PROGRAMA

Venres día 25 e sábado día 26 · 22:00

  • Colectivo Glovo Mapa
  • Elvi Balboa Ática
  • Alba Fernández Cotelo · Cía Exire ON
  • Alejandra Balboa Do you understand anything? I try…

Domingo día 27 · 21:00

  • Caterva, un espectáculo dirixido por Erick Jiménez e creado para a ocasión, coa colaboración especial do DJ Jas Processor · 7H Cooperativa Cultural e a interpretación de Esther Latorre e Hugo Pereira do Colectivo Glovo, Elvi Balboa e Lucía Bocanegra da compañía Elvi Balboa, Alba Fernández Cotelo da Cía Exire e Alejandra Balboa.

 

AS OBRAS

Mapa · Colectivo Glovo (Esther Latorre e Hugo Pereira)

Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira. Musica orixinal: Armand Amar e Sydney Bechet
Vídeo: CRO ATAN
Deseño gráfico, web e edición vídeo: Manu Lago
Co soporte de Galicia Danza Contemporánea.

A peza xorde como unha necesidade de investigación de movemento, baseado no mundo dos refuxiados e das fronteiras. Barreiras fronteirizas que, durante séculos, colocamos entre mundos, países e persoas. Esta distancia, real e hipotética, sitúa a ambos intérpretes nunha relación de aproximación e afastamento, de poder e de sublevación, compartindo unha mesma premisa común: a imposibilidade de fronteira con nós mesmos.

  • 1º Premio en Bailando con Piedras, Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY, 2019. ·Mención especial en Danza Inunda Santander de La Espiral Contemporánea, 2019.
  • Premiado no Festival Sólodos En Danza Ourense co Premio do Claustro, 2016.

 

ON · Alba Fernández Cotelo · Cía. Exire

Dirección, creación e Interpretación: Alba Fernández
Fotografía e vídeo: Raquel Castro
Asesoramento artístico: Bárbara Monteagudo e Carmen Cotelo
Produción e Distribución: Artestudio Xestión Cultural

De súpeto, un só dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva ás miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmosfera de caricias e enerxía vital. Invítote a que entres no meu corpo sen ter compaixón. Entras e percorres, observas, explosionas. Ven, ven… Arrola o meu corpo, para que se mova diferente, e me transporte a outro lugar.


Publicidade

  • Ganadora do Certame de Creación en Sólodos En Danza Ourense 2017: Premio Xira Costa Rica e Premio do Público.

A Cía Exire esta fundada por Alba Fernández Cotelo e Estefanía Gómez.

 

Do you understand anything? I try… · Alejandra Balboa

Creación e Interpretación: Alejandra Balboa

Do you understand anything? I try… ten como estímulo a linguaxe de signos como forma de expresar un conflito introspectivo que provoca na intérprete a necesidade de cuestionarse cada decisión tomada, derivado da insatisfacción xeral a nivel social e persoal, sen ningún reparo en mostrar a súa indiferenza fronte ás opinións do resto.

“Unha mala lectura da situación. A lectura correcta é que sinxelamente non o entendo. En absoluto”.

Peza participante en Sólodos En Danza Ourense 2017, Festival “Danza Excelsior 2017”, Siena, Italia, ”V Muestra de Danza Contemporánea: Ventana Abierta a la Danza“ Málaga, Coreografía semifinalista en “XV Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York”, Festival “Abril en Danza 2016” e Congreso de Danza de Santa Pola 2016, Alicante.

 

Ática · Elvi Balboa

Creación e intérpretes: Elvi Balboa e Lucía Bocanegra
Produce: Elvi Balboa

ÁTICA é o lugar no que se atopan dúas descoñecidas. DOUS extremos que se unen nun xogo. UN diálogo harmónico creado polas súas diferenzas. DANZA e espazo fan posible esta historia espontánea, este encontro cotián.

 

Caterva · Creación especial para Seiscordas Galicia

Participan Esther Latorre e Hugo Pereira (Colectivo Glovo), Alejandra Balboa, Alba Fernández Cotelo (Cía Exire), Elvi Balboa e Lucía Bocanegra (Cía Elvi Balboa) dirixidos por Erick Jiménez (Sólodos Cía) e coa participación especial do DJ Jas Processor · 7H Cooperativa Cultural.

Caterva é un espectáculo creado especificamente para esta ocasión no Teatro Ensalle, momento de celebración deste encontro de novas creadoras do movemento de Galicia xunto con Jas Processor e dirixidos por Erick Jiménez, unha caterva de bailarinas habitando todos os espazos do teatro, deste único teatro que en Galicia acolle a creación sen límites.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

acarteiradeaugasclaras |

Comeza o XXIV Festival Internacional Galicreques

telontui |

Tui adxudicará ao arquitecto César Portela a rehabilitación do Teatro Principal