in

Tui adxudicará ao arquitecto César Portela a rehabilitación do Teatro Principal

telontui |

O Concello de Tui vai adxudicar ao arquitecto César Portela o anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Municipal, unha vez que xa é propiedade municipal.

O pasado xoves, o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, reuníanse con César Portela e visitaban o inmoble, para avanzar na rehabilitación deste emblemático edificio.

O anteproxecto, a solicitude do concello, recollerá xa as primeiras medidas fundamentais a adoptar para garantir que o Teatro Principal non se siga degradando, coma pode ser o retirado do entullo que arestora hai no interior, recuperando aquelas pezas de interese coma restos das butacas existentes, entre outros. Amais buscarase consolidar a estrutura para evitar derrubes e garantir a seguridade. O Concello acometería estas actuacións con medios ou fondos propios, e logo tería que buscar a colaboración doutras administracións.


Publicidade

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientaba que a recuperación do teatro simbolizará tamén a recuperación de todo o seu entorno urbano. Así destacaba coma obxectivo de avanzar na rehabilitación do teatro que podería supor un investimento de 3 millóns de euros.

César Portela, que redactara xa nos anos 80 un proxecto de rehabilitación do Teatro Principal que agora debe ser adaptado á normativa actual, explicaba que o seu proxecto pasa por un uso cultural do edificio cunha actuación que se estenderá tamén a praza de Fromista onte está situado o inmoble, “dándolle unha nova vida”. Na parte traseira do edificio contemplará unha cafetería cun miradoiro sobre o Miño.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AlejandraBalboa |

Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia

AuditorioDeGalicia |

O Auditorio de Galicia celebra o seu 30º aniversario