in

O revival da traxedia, por Esther Carrodeguas

greek |

Veño de ver unha traxedia en toda regra. Unha traxedia pero clásica. Un auténtico revival. Ademais en main-stream. Tan masivo foi o espectáculo que non hai teatro grego que chegue a tanto. Pasen e vexan se non.

Os actores, todos homes, como en Grecia. Un espectáculo verbal, bastante oral, con pouca escenografía e cousas desas, unha cousa máis de bla-bla-bla. Pero aínda así, un espectáculo da hostia. Da hostia en verso -para dicila clara- e para recalcar que o espectáculo foi clásico pero clásico. Tan clásico que non faltou nin o coro, o coro de coreutas, o coro en masa en todas as fotos e mesmo un coro a cantar (co-este: si!, co-este: no!!). Pathos, hamartía, hybris, peripecia, anagnórise e catarse non quixeron faltar á festa. Houbo paixón desbordante, erros funestos, desmesura pero total, cambios de sortes, recoñecementos dos erros (pouca cousa!)… e mesmo mortes de heroes. Que bonita foi! Raios, tronos, centellas. Uns deuses contra outros, e outros contra outros. Os deuses… ou máis ben os que cren que son deuses (en fin!).


Publicidade

Non teño nada na contra de Steiner. De verdade que non. Pero visto o visto, é que se equivocou, que lle imos facer. Pobre inocente: como podía el chegar a saber en que merda se ía converter este noso século XXI. Que pena, Steiner, que pena. Un libro tan bo. Que pena. Que pena de século, digo. E que pena que temo que esta traxedia aínda non rematou. E que, como toda boa traxedia, sempre vai de mal en peor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

VarietesAureas |

Titiriberia abre hoxe a súa Barraca na Feira de Francos co espectáculo ‘As varietés do Barriga Verde’

cortinateatro |

XI Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos